Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de junio de 2017

BAIXA O PARO NO SALNÉS NO MES DE MAIO










O número de desempregados reduciuse en Galicia o pasado mes de maio ata os 199.638 inscritos, ao experimentar un descenso mensual de 4.991 persoas, un 2,44%.     
Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, respecto de maio de 2016 o número de desempregados diminuíu en 20.826, o que representa unha redución interanual do 9,45%.

O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego reduciuse en maio ata os 3.461.128 persoas, a menor cifra desde xaneiro de 2009, tras experimentar un descenso mensual de 111.908 persoas. 

Na nosa comarca o paro descendeu en todos os concellos agás en Cambados, que aumentou en 11 parados máis. O descenso na comarca sitúa o número de persoas sen emprego en 9.634 demandantes, 139 menos que no mes anterior.
Destacan Vilagarcía e Sanxenxo con 65 e 27 persoas anotadas no antiguo INEM.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.