Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2017

CATRO XORNALISTAS IRLANDESES VISITARON A D.O. RÍAS BAIXAS














Un grupo de catro xornalistas irlandeses visitaron este martes e mércores pasados a Denominación de Orixe Rías Baixas para profundizar no seu coñecemento destes viños atlánticos. Persoal do Consello Regulador acompañonos estes dous días nos que visitarán seis adegas e tamén viñedos da denominación.  
Durante esta viaxe, os xornalistas coñeceron in situ o territorio, así como diferentes tipoloxías de viños da D.O. Rías Baixas. Para iso, trasladáronse ata a subzona do Salnés, onde o martes mesmo visitaron tres adegas e os seus viñedos. Onte o percorrido realizouse polas subzonas do Condado do Tea e do Rosal, onde tiveron a oportunidade de coñecer outras tres adegas cos seus viñedos. 



Irlanda é un dos dez mercados relevantes da D.O. Rías Baixas. Máis concretamente, ocupa a sétima posición, con 182.796,25 litros e un crecemento constante no últimos seis anos. Non en balde, o Consello Regulador conta cun plan específico de promoción neste país. Precisamente en 2017 están previstas dúas misións inversas de prescriptores, a primeira a actual e a segunda será a final de ano, así como diferentes catas e seminarios formativos no devandito país. 



Xornalistas

Corina Hardgrave, xornalista, editora e redactora nunha consultoría de márketing dixital, así como especialista en gastronomía en medios como o Sunday Times; en viño, no Irish Independent, así como en viaxes, onde é editora da revista Frequent Business Club.

Ciara O´Kelly, xornalista gastronómica e de viaxes, é tamén editora do Irish Country Living, suplemento no xornal Irish Farmer´s cunha tirada de 700.000 exemplares. 

James Alan Kavanagh, xornalista freelance da revista Selar, é, ademais, un dos maiores influencers de Irlanda con máis de 12.000 seguidores en Twitter e máis de 48.000 en Instagram.

Aiofe Carrigy é unha freelance especializada en gastronomía, viño e viaxes, con base en Dublín, e que publica no Sunday Business Post, Image Interiors, a revista Image e o Irish Mail. Ademais, publicou varios libros gastronómicos. 

Os catro xornalistas estiveron acompañados por Margaret Catherine McMenamin. Pertence á empresa que se encarga de labores de promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas en Irlanda.
  







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.