Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de junio de 2017

DOUS CAMBADESES NO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO










A ESCOLA DE ATLETISMO DO CLUBE ATLETISMO CAMBADOS-SEGUROS NOVAL COMEZA A DAR OS SEUS FROITOS.
Dous atletas da Escola de Atletismo logran clasificarse para o Campionato Galego infantil de pista ao aire libre.


Os atletas do Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval, Candela Castro Padin e Marco Sineiro Feijóo de 12 e 13 anos respectivamente, lograron clasificarse para o Campionato Galego de pista ao aire libre de categoria infantil que se celebra o vindeiro Domingo en Vigo e organizado pola Federación Galega de Atletismo.

Marco Sineiro Feijóo disputará as finais de 1000 m, e 80 m ainda que este atleta logrou clasificarse para disputar outras 3 finais máis (150 m, 500 m e lanzamento de peso) pero a normativa so permite participar en dúas probas polo que consensuando cos monitores da Escola decidiron que participara nesas probas, xa que na proba de 80 m. partira coa 5ª mellor marca de todolos atletas clasificados.

Por outra banda, a atleta Candela Castro Padin disputara a final de 500 m., na que partira coa novena mellor marca de todalas atletas participantes.

A Escola de Atletismo do Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval comezou a sua andaina en Novembro do ano pasado coa intención de acercar o atletismo aos máis pequenos da vila e, visto os resultados, non pudo ter mellor remate de temporada que esta participación no Campionato Galego.

A tempada do Clube rematara a finais de este mes, pero a Directiva do Clube xa empezou a preparar a vindeira tempada, na que ten previsto participar en varias competicións de cross, atletismo en pista e carreiras populares.
A partir de agosto iniciaran unha campaña para captar atletas da categoria base, na que teñen previsto visitar os colexios do Concello para presentar o Clube e as actividades que realizan.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.