Trinta e nove concellos e a entidade local menor de Queimadelos beneficarios das axudas para normalización e dinamización lingüística
Esta liña de axudas financia programas de dinamización da lingua galega e servizos de normalización por un importe total de 200.000 euros
O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando aos 39 concellos e á Entidade Local Menor de Queimadelos a aprobación das súas solicitudes ao abeiro da liña de axudas para dinamización lingüística. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada nesta lexislatura e convocada neste exercicio por segunda vez e contempla dúas opcións, ou ben a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.
A maioría das entidades solicitantes optaron polos programas de dinamización da lingua, un total de 35, mentres que 5 solicitaron axuda para o servizo de normalización. En total, esta liña de axudas, distribuirá 200.000 euros entre todos os concellos cuxas solicitudes foron aprobadas. Esta liña de subvencións ía dirixida a concellos e entidades locais menores da provincia de Pontevedra, ata un máximo de 50.000 habitantes.
Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 32.427,62 euros, para un total de 5 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados, Ribadumia, e Sanxenxo solicitaron para programas de dinamización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.