Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2017

28 ENTIDADES DO SALNÉS RECIBIRÁN AXUDAS DA DEPUTACIÓN












Xunta do Goberno provincial aprobou onte a resolución da liña de axudas para entidades sen ánimo de lucro para promover, fomentar e difundir actividades culturais do Ano do Patrimonio 2017. Esta liña está dotada cunha partida orzamentaria de 245.000 euros e o número total de entidades beneficiarias ascende a 283.
Convén lembrar que as accións obxecto destas axudas deben orientarse a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais e, en especial, as dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, e que contribúan á difusión, mantemento e recuperación da nosa cultura e tradicións. A convocatoria especificaba seis tipoloxías concretas de actividades subvencionables: xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica; actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e natural; actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propios de vilas e/ou comarcas da provincia, tales como costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos; festivais, mostras, encontros e certames culturais; certames e actividades de posta en valor da pintura, escultura, arquitectura e banda deseñada; e intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical.  
Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 22.849 euros, para un total de 28 entidades. Do concello de Vilagarcía proceden 11 entidades solicitantes, de Sanxenxo 6, de Meaño 3, de Vilanova, Cambados e O Grove 2 entidades de cada un,  e de Meis e de A Illa 1 entidade de cada un.
Vilagarcía 
Amigos de Galicia -1.240€
Os Tres Castros- 835€
O Gato Negro- 580€ 
O Faiado dá Memoria- 990€
Agrupación Micolóxica, 780€
Coral Rosalía de Castro- 580€ 
Zona Aberta- 800€ 
Cine Club Ádega- 910€ 
Ameixa Rock- 1.400€
Malveiras- 835€ 
A Xunqueira- 660€
Cambados 
Coral Polifónica- 466€ 
Embarcacións- Tradicionais A Torre 466€ 
A Illa
Coral Polifónica Municipal- 427€
Meaño
Club de Pensionistas e Minusválidos- 485€
Unión Musical- 1.200€
Colectivo Penaguda- 580€  
Meis 
Cabemeis- 720€
Vilanova 
O Castro- 1.160€
Fundación Vale Inclán- 1.000€ 
O Grove
Emgrobes- 870€
Agrupación Ornitolóxica- 1.200€



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.