Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2017

A FESTA CONTINÚA EN AGOSTO CO SERÁN DE TROULA











Coa finalidade de recuperar o ambiente da festa e a cultura cambadesa nace Serán de Troula, un ciclo de concertos ao aire libre para todos os públicos. Esta nova iniciativa organizada por Cristina Padín e as concellerías de Xuventude e Cultura, comeza este venres día 11 para animar ó público a gozar da compañía dos amigos na propia vila e dun bo ambiente en beneficio de todos.

Serán de Troula divídese en tres noites temáticas con xéneros musicais diferentes: rock, country e reggae, neste mesmo orde. Os encargados de inaugurar estas xornadas no Serán de Rock son MJ Pérez e Ivy Moon a partires das 21:30 aberto para todos os públicos e de forma totalmente gratuita na Praza de Alfredo Brañas.

Ivy Moon, chegados dende Santiago de Compostela, chega por primeira vez a Cambados para dar unha boa mostra da súa música, logo dun ano de infarto no que percorreron Galicia e cidades como Madrid, Barcelona, Granada e Zagreb (representando a España no Imagine Festival) e que rematou en Santiago o pasado mes, abrindo na Praza da Quintana o concerto da banda Nada Surf.

No caso de MJ, a artista arzuá pisa tamén por primeira vez a vila no que será un dos concertos de despedida do seu anterior disco "Guerrilleira", co que percorreu toda Galicia e que lle deu grandes alegrías, como o segundo posto acadado no Concurso Musical da Deputación da Coruña o ano pasado. Agora prepara a presentación do seu novo disco: "Casandra", do que nos ofrecerá un pequeno adianto este venres.

Pero a Praza de Alfredo Brañas non será o único escenario deste ciclo de conciertos. A segunda data programada de Serán de Troula caerá tamén no inicio da fin de semana que ven. O venres 18 terá lugar o Serán de Country pero esta vez as actuacións serán da Rúa Real, nas proximidades do Pazo de Fefiñáns. Para esta ocasión os grupos invitados son Iván Caride e Los Tonycash.

O día 25 de agosto terá lugar o derradeiro concierto, denominado neste caso Serán de Reggae. Neste caso, a velada estará amenizada por High Paw, Crespo e os artistas invitados, Los Primos Montiel que animarán ó publico cun ton fresco e veraniego a ritmo de rumba. Serán de Troula busca ampliar horizontes cunha programación de estilos musicais variada e facilitar o achegamento ó público da vila esta forma de cultura e diversión totalmente balde.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.