Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de agosto de 2017

COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “DESEÑANDO O TEU FUTURO”







Este xoves deu comezo na OMIX de Cambados a segunda edición do programa “Deseñando o teu Futuro”. Unha quincena de xóvenes que participan neste programa tiveron un primeiro encontro no centro sociocultural “A Merced”.
Deseñando o teu Futuro” é un programa promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos concellos, e está destinado a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos que desexen coñecer a realidade do mundo laboral antes de tomar unha decisión sobre o itinerario formativo a seguir.
Durante as vindeiras semanas, os inscritos percorrerán varias empresas da localidade, nas cales coñecerán de primeira man o desenvolvemento de diversos oficios, coa finalidade de que teñan o seu primeiro contacto coa realidade do mundo laboral e lles sirva de axuda á hora de decidir o seu camiño cunha visión máis realista.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.