Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2017

O CAPITULO SERENISIMO DO ALBARIÑO, UNHA PANDA DE “PIJOS” I “ESTIRADOS”













Quería comezar hoxe contándovos unha historia que ocorreu, xa fai algúns anos, en Cambados e que tiña de protagonista a unha familia con apelido ilustre e pasado de avoengo; un pasado de nobreza e pazos señoriais, un pasado de clase alta pero que, co paso do tempo e, xa na actualidade,  quedou en  pouco mais que  no susodito apelido ilustre e nun escudo de armas que recordaba aqueles tempos pasados tan  gloriosos.
       A cuestión é que esta familia seguía considerándose de   “clase alta” e non “da plebe”, entendendo por “plebe” a calquera dos nosos veciños, de clase media e que formamos esa bendita masa social cambadesa.  Un dia, a desgraza chegou a esta familia ou, polo menos, eles así o entenderon:  o seu fillo, namorarase dunha rapaza humilde, unha rapaza dunha familia traballadora: de pai mariñeiro e  de nai  mariscadora no sarrido. Non fai falta dicir como caeu na familia tal amorío pero nada comparado coa noticia que lle deron cando, co descorrer do tempo, decidiron casar;  aquilo, queridos amigos, xa foi demasiado para os proxenitores: eles a “creme da creme”  veríanse mesturados, no banquete de vodas, con mariñeiros, labregos e demais “paletada”, ¿que pensarían os seus invitados, chegados  de Compostela ou de Madrid? …. “¡que  vergoña vamos a pasar!”, exclamaba a nai …… pero como di o refraneiro popular: “para un roto  sempre hai un descosido” e, ao final,  atoparon a solución ao seu problema …. ¿queredes saber cal foi?....... pois ben, chegou o  gran dia, soleado e radiante; na igrexa podíase apreciar dous grupos, claramente diferenciados: a un lado, os convidados do noivo, chegados, maiormente de fora e, doutro lado, os convidados da noiva, xente do pobo e parroquias próximas; acabou a cerimonia e, a continuación, o banquete de vodas, un banquete  que, deliberadamente, a nai do noivo encargouse que non se estendera en exceso ….. alegando escusas como  que algúns do convidados, chegados de fora, terían que madrugar ao dia seguinte, un suposto malestar ou, simplemente, o cansazo co que  foi “despachando” un por un aos invitados por parte da noiva; cando toda a “paletada” xa  se fora, pecharon as portas e comezaron a que consideraban que era a verdadeira celebración: o pai do noivo sacou ese whisky gran reserva, limitado para as grandes ocasións e, a nai, díxolle ao servizo que xa podían sacar as  deliciosas “delicatessen”, estratexicamente, agochadas nas neveiras hasta ese momento; sobra dicir que esta nova festa durou hasta altas horas da madrugada.   
Sempre que chega a Festa do Albariño i escoito falar do Capitulo Serenísimo non podo evitar acordarme desta historia porque, ao fin e ao cabo, ben  ser algo moi similar: unha panda de “pijos”  que non queren mesturarse coa “plebe” e deciden facer a festa pola súa banda, algo totalmente lexítimo, todo sexa dito, o problema ben cando  esa festa exclusiva e VIP  queren que lla paguen os demais e iso foi o que veu pasando hasta fai ben pouco; como todos de seguro sabedes mentres o PP gobernaba o Concello de Cambados o Capitulo Serenísimo tiña ao seu “tonto util”:  ¿Qué facían falta 300 invitacións para o Xantar do domingo para dar de comer  a tódolos “estómagos agradecidos” (na maioría dos casos “peperos”) que soamente se acordaban de Cambados  ese dia? Non  había  problema e, ademais, “de propina” 20.000 euros das arcas municipais para gastos, total, o  pagaban os “paletos”, os parvos, en definitiva, os contribuíntes cambadeses; cando chegou o Cuatripartito ao goberno intentou cambiar as cousas e, simplemente, pediulles unha cousa para que seguiran contando co apoio do Concello: que o acto de imposición dos Novos Cabaleiros  en vez de facelo no patio de armas do Pazo de Fefiñans, de reducidas dimensións,  o fixeran na Praza de San Benito para que así todo  Cambados puidera ter a oportunidade, de ver tal acto; xa vedes, queridos amigos, que “tremenda” condición poñía o goberno municipal ao Capitulo: simplemente  que se abriran ao pobo e que dito acto  puidera ser presenciado por todos os cambadeses que, ao fin e ao cabo, eran os que  pagaban. O resto da historia xa a coñecedes todos: o Capitulo Serenísimo, como a familia “snob” da que vos falaba ao comezo tiña a menos “mesturarse”
coa “clase media” e alegaron a escusa “barata” da seguridade, unha escusa que se caia polo seu propio peso pois,     o paseo da comitiva das autoridades  dende o concello ao pazo de Fefiñans e, dende aí, ao Pazo de Torrado facíano sempre a pe; obviamente o  Concello non se pregou as súas exixencias e o Capitulo Serenísimo seguiu montando a festa pola súa banda e, así, aínda fai  pouco  tivemos que  escoitar, na prensa,  a Luís Aragunde valorando entre os  aspectos negativos da Festa do Albariño “la falta de colaboración del Concello con el Capítulo Serenísimo”  ¡¡“falta de colaboración” disque!!, di mais ben, Luisiño, que o actual goberno non  se baixou os pantalóns e puxo o cu  como faciades vos.
    Eu, fai un par de anos, coa chegada ao goberno municipal do Cuatripartito fixen unha petición pública que consideraba de xustiza e que non era outra que se lle concedese o titulo de Cabaleiro do Albariño ao primeiro alcalde cambadés da democracia, Don Xoán Antonio Pillado Silvoso; obviamente, tal petición fíxena cando pensaba (¡inxenuo eu!)   que o Capítulo  Serenísimo era unha institución minimamente seria e respectable ; obviamente, ¿que “carallo” de institución seria e respectable  vai ser cando antes de concederlle a Folla de Prata a todo un referente  no mundo do albariño como é o enólogo Luciano Amoedo (Promotor da creación da D.O. Rias Baixas, socio fundador da Bodega Martín Codax,  Membro  do Comité de Cata da D.O. Rias Baixas etc.) déronlla a un “bulto” sospeitoso como “Fulares” que o único mérito que tiña era asignar os asentos no Xantar do domingo e “lamberlle o cu” a todas as
autoridades peperas que ían  chegando?; repito: ¿que seriedade pode ter unha institución que a dia de hoxe  aínda ten, entre os seus membros, a un delincuente, un “chourizo”, en definitiva, un ladrón como Jaume Matas ou a un pederasta confeso como Sánchez Dragó quen, nunha entrevista, fai uns anos, confesou que nunha visita a Xapón, no ano 1967, deitouse con dúas nenas, dúas “lolitas”  de 13 anos?; ¿con estes “frikis” quere o Capitulo Serenísimo  dar a coñecer o Albariño? ¡¡Si soamente fáltalle o acordeón e a cabuxa para poñerse a pedir cun prato polas festas!!  Aínda que o papel da cabuxa ben o podía facer o secretario do Capítulo,  Pedro Piñeiro o Juan Gil (que me perdoe a cabuxa pola comparación).

     Este par de exemplos son mais que significativos de que pe “coxea” esta institución que, en teoría, está para promover e difundir a cultura do albariño pero que, en realidade, é, soamente, unha reunión de “pijos”, de “estirados” cunha clara inclinación política.  
      Para ir rematando soamente os meus mais sinceros desexos para que, algún dia,  o Capitulo Serenísimo do Albariño sexa unha institución  que, realmente, loite e traballe para o que foi creado: dar a coñecer o albariño e non o que é, hoxe en dia, un club de “señoritos” que se creen o centro do mundo ou, mellor aínda, as pirolas mais “exitosas” cando non se dan conta que, afortunadamente, todos temos pirolas (mais ou menos grandes) das que presumir.
       Por último un consello  para aos que nunca baixades o Domingo do Albariño a ver á comitiva do Capítulo Serenísimo facer o paseo: tedes que baixar a velos, paga a pena: con eses “aires” que asemellan uns pavos  reais a punto de despregar as colas para cortexar ás femias, aínda que, nalgún caso, como Aragunde, mais que un pavo asemella un capón cebado a punto de ser sacrificado para a cea de Nadal.   
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY





1 comentario:

Perico dijo...

O de Serenísimo, venlle o pelo. Supoño que será antes de empezar a festa porque o remate, non creo eu que estean moi serenos.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.