Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2017

O FESTIVAL DE XIRONSA SERÁ MÁIS FAMILIAR CA NUNCA












O festival Xironsa de Corbillón, en Cambados, chega este ano 2017 á súa XVII edición cunha novidade, a súa aposta por ofrecer unha programación enfocada ao público familiar.
A cita, centrada na música tradicional e o folclore, presentouse este xoves na Casa do Concello de Cambados coa presenza de Ana Castro, José Luis González e Juan Maceira pola organización; o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño; e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O festival terá lugar os días 25 e 26 de agosto na parroquia de Corbillón. Este ano case toda a programación vai ser de día, terán unha zona familiar acotada dentro do propio recinto e en paralelo aos concertos, e tamén postos para a cea. Para o tradicional xantar do sábado, os bonos xa están á venda en 10 establecementos de Cambados. Para adultos o prezo é de 15 euros, para nenos de 6 a 14 anos é de 8 euros, e para menores de 6 anos é de balde. 
José Luis González explicou que "este non é un festival de grandes masas", senón que está concibido como un espazo para poñer en valor a esencia da música tradicional, nos formatos que lle son propios como por exemplo os seráns, e que aposta por darlle cabida a asociacións de base que traballan pola proxección da música galega.
venres 25 terá lugar o III Serán Xironsa coa actuación da Asociación Cultural Penaguda, na praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha Folidada Aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros. Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións do mago Dani García e do clown Rudi Dudi.
O evento conta coa colaboración da Deputación Provincial, con cargo ás liña de axudas creada especificamente para  festivais de música e de artes escénicas. Xosé Leal fixo fincapé en que esta liña de axudas "foi creada precisamente para apoiar propostas como o Xironsa, que ademais de apostar pola música galega e en galego, tamén ofrece un programa de actividades paralelas e para todos os públicos".





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.