Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2017

VILANOVA: IGLESIA, PARTIDO POPULAR E MARISCO








Como ven sendo habitual no Concello veciño de Vilanova as distincións e medallas das festas as lean políticos do PP . Este ano tocoulle ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que asistiu á XXIII Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa e foi o encargado de dar comezo á mesma coa lectura do pregón. Así mesmo, foi condecorado coa insignia de ouro e brillantes que entrega dito concello, unha distinción da que asegurou sentirse “moi orgulloso”.
Durante a súa intervención, Rey Varela encomiou o gran labor das mariscadoras nas costas galegas e fixo referencia á importancia do sector do mexillón asegurando que “a especialización e localización das explotacións e da produción, convérteo no eixo da economía desta ría”. Ademais, engadiu que Galicia “está á vangarda no eido gastronómico grazas á insuperable materia prima da que dispoñemos no noso mar”.
Este ano a festa do Carme de Vilanova atrasaouse un día para que o homófobo e fascista Rouco Varela puidera asistir.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.