Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de septiembre de 2017

A XUNTA FACILITA A CONTRATACIÓN DE 44 PERCEPTORES DA RISGA NA COMARCA










A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará na comarca do Salnés a contratación de 44 perceptores da Risga (renda de integración social de Galicia) que ao longo dos próximos meses se encargarán de reforzar diversas tarefas de interese e utilidade social.
Así o explicou hoxe o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen destacou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa cronificación nunha situación de exclusión.
En concreto, o Goberno galego achega para este fin case 345.000 euros, que servirán para financiar a totalidade dos custos salariais destas persoas (incluída a cotización á Seguridade Social).
“Serán 44 veciñas e veciños do Salnés os que, grazas a esta iniciativa do Goberno galego, pasarán de percibir a Risga a obter un salario polo traballo satisfeito”, un feito que Cores Tourís quixo poñer en valor tanto no ámbito social como no relativo á oportunidade laboral que representa.
En particular nesta comarca, serán sete os concellos beneficiarios deste apoio, que se corresponden coa totalidade dos que solicitaron a axuda. Ademais poderán efectuar o máximo de contratacións autorizadas en función do número de perceptores que hai en cada municipio, criterio que serve para establecer o tope de contratacións posibles.




Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou dispoñan de máis de 45 anos.
As condicións do contrato serán as establecidas no convenio laboral correspondente ao posto de traballo que desempeñan.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra concluíu incidindo en que esta medida ten como obxectivo conseguir a inserción laboral e a mellora da empregabilidade dos colectivos máis vulnerables, partindo da premisa de que a mellor política social é o emprego.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.