Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de septiembre de 2017

ACTIVIDADES E OBRADOIROS NA BIBLIOTECA LUÍS REI








A Biblioteca Municipal Luís Rei, incluindo as axencias de lectura das parroquias, ten preparada unha completa programación de actividades infantís que terá lugar durante o curso escolar 2017/2018 .
O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces. Trátase dun amplo abano de obradoiros e xogos que se desenvolverán polas tardes, de 16.30 a 19.30 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.
Como vén sendo habitual haberá actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías, “EnREDamos cos ordenadores” e “A bitácora da biblioteca”, para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet , a mecanografia e os blogs. Tamén haberá un obradoiro para o achegamento á lingua inglesa (“English and fun!”). Do mesmo xeito, con “Repaso e estudo”, tamén haberá tempo para o repaso e o apoio escolar. Co obradoiro “Canto Conto!” dinamizarase o hábito á lectura en papel e coas novas tecnoloxías, para lectores principiantes. Outra aposta importante será pola creatividade nos traballos manuais, empregando diferentes técnicas en “Creamos cas mans!”.
Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:
-Conmemorando o Día das Bibliotecas, teatro “Camiñando entre estrelas” con Ghazaflehos, o martes 24 de outubro no Auditorio Municipal. Para todos os públicos ata completar aforamento.
Ademáis, nas Axencias de Lectura contaremos co espectáculo “Os Ratiños da caixa” con Trinke Trinke:
Na ALM Vilariño o día 27
Na ALM Castrelo o día 26
Na ALM Corvillón o día 25
Na ALM Oubiña o día 23

Para ampliar a oferta, tamén se propoñen os seguintes obradoiros de pago:
-Xadrez, os luns.
-“Pequechefs de conto!” con receitas baseadas nos contos, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os xoves de outubro e novembro baixo o nome “Sabores de Outono”, o xoves 28 de decembro “Especial Nadal”, o xoves 8 de febreiro “Sabores de Entroido” e os xoves de marzo e abril “Sabores de Primavera”.
-Robótica-Lego Educación, os martes.
As inscricións para estas actividades realizaranse do 18 ao 22 de setembro. Os interesados poden achegarse pola mañá en horario de 09.30 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada.
Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a apuntarse para gozar dun verán entre libros e diversión.
Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.