Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2017

ASOCIACIÓNS CAMBADESAS VISITAN DIFERENTES RUTAS NA PROVINCIA E ASOCIACIÓNS DE FORA VISITARÁN CAMBADOS












O programa da Deputación de Pontevedra "En ruta coa Depo" continúa a súa andadura esta semana coa participación de preto de 1800 persoas de 19 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, entre hoxe mércores e o domingo terán lugar un total de 31 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra, como as Illas Cíes, a de Ons, a de San Simón ou a da Toxa, pazos como os da institución provincial, o de Oca ou o de Señoráns, os cascos históricos de vilas como Cambados, Cangas ou Salvaterra de Miño e moitos máis dos espazos naturais, urbanos e arquitectónicos máis senlleiros das paisaxes que compoñen o noso territorio.

Hoxe mércores 20, desde A Guarda, un grupo de 45 persoas da Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas de Saúde Mental viaxaron á ruta especial por Cambados polo seu nomeamento como Cidade Europea do Viño. A través desta actividade (ruta 7), coñeceron o Museo Etnográfico e do Viño, viaxaron ás ruínas de Santa Mariña Dozo e visitaron o conxunto histórico, a bodega do Pazo de Fefiñáns (con degustación) mailo Museo Muíño de Mareas da Seca.

Outras 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Campanario, de Vilanova de Arousa, máis outras 108 do Batuqueiro de Vilariño, en Cambados, realizarán o sábado, unha ruta que comezará na Illa de San Simón e chegará ata Ponte Sampaio, parando antes no Museo Meirande de Redondela e no castelo de Soutomaior, propiedade da institución provincial (ruta 21).

Ese mesmo día outras 54 persoas da Federación Boa Vila de Pontevedra chegarán á Illa de Ons e a vila mariñeira de Portonovo (ruta 23). Desde Vigo haberá unha visita pola ruta de Cambados Cidade Europea do Viño (ruta 7) para 54 persoas da Asociación Veciñal Emilio Crespo.

As actividades de "En ruta coa Depo" continuarán o domingo. Dentro das rutas culturais, 54 persoas da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Cernadela, en Mondariz, visitarán Cambados Cidade Europea do Viño.

De San Simón a Ponte Sampaio (ruta 21) viaxarán outros tres grupos de 54 persoas cada un, da Asociación Érguete Baixo Miño (A Guarda), a Asociación Cultural Volandeira (Cambados) e a Sociedade Nautilius (Vigo).

A Deputación achega a este programa 260.000 euros, 21.500 euros máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. "En Ruta coa Depo" oferta un total de 32 rutas distribuídas entre seis bloques: temáticas, culturais, marítimas, adaptadas para persoas con mobilidade reducida, dinámicas/activas/xuvenís e, por último, interxeracionais e para ANPAs. O catálogo de rutas pódese consultar no catálogo dispoñible na páxina web www.depo.gal.
En total, está previsto que a través deste programa promovido por Cohesión Social e Xuventude, participen preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes a 300 entidades da provincia de Pontevedra.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.