Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de septiembre de 2017

GALICIA EN NIVEIS BAIXOS DE SANGUE A NEGATIVO










As reservas dos grupos 0 negativo (0-), 0 positivo (0+) e A positivo (A+) atópanse en niveis normais, mentres que o A negativo (A-) está nun nivel baixo, segundo a información facilitada este martes pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
A Axencia de Doazón lembra que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día para poder atender a aquelas persoas que requiren transfusións despois de sufrir un accidente ou ao verse sometidas a unha operación ou un transplante de órganos, entre outros casos.
Para facilitar a doazón, na provincia da Coruña, as unidades móbiles de doazón visitarán a semana do luns 18 ao 23 de setembro varias localidades como Ferrol ou Melide (o luns), Fene e Bertamiráns (martes), O Burgo, Ribeira e Santiago (mércores), Valdoviño, A Laracha e A Coruña (xoves), Miño, Coristanco, e Muros (venres) e Rianxo (sábado), entre outras.
Na provincia lucense, o luns desprazaranse a Lugo, o martes a Xermade, o mércores ás Nogais e Pedrafita, o xoves a Cospeito e Muimenta, e o venres e sábado a Monforte, entre outras localidades. En Ourense, entre outros municipios, acudirán luns e martes á cidade das Burgas, o mércores a Baltar, Os Blancos e Viana do Bolo, o xoves a Maside e o venres ao Carballiño.
Finalmente, entre outras localidades, en Pontevedra as unidades móbiles de doazón estarán o luns en Vigo e Pontecesures, o Martes en Pontevedra e O Porriño, o mércores en Vilaboa, o xoves en Cambados, o venres en Ponteareas e o sábado tamén en Cambados e Ponteareas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.