Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2017

NON ENFERMES POLAS TARDES, ESTARÁS EN PERIGO









A XUNTA RECORTA EN SAÚDE PERO AUMENTA O GASTO EN PROPAGANDA

- O centro de Saúde de Cambados permanecerá pechado pola tarde cando menos oito días en Setembro e reducirá de maneira significativa o seu horario o resto do mes mentres a Xunta non se ocorre nada mellor que gastar 395 mil euros en propaganda política.

Asistimos nestes días ao debate sobre o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia que o goberno galego do Partido Popular puxo en marcha en pleno mes de agosto para intentar que pasara o máis desapercibido posible. Tratábase así de evitar a previsible grande polémica e o malestar entre a cidadanía nun tema tan sensible como a sanidade.
O texto do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia é intencionadamente ambiguo para deixar da man e á vontade do executivo galego todos os pasos a seguir para modificar o mapa sanitario do noso país. Pois será a Xunta, e non o Parlamento, quen decidirá por decreto a prestación dos recursos sanitarios e a delimitación das áreas sanitarias “tendo en conta os recursos existentes”. Unha modificación que non dá prioridade ás necesidades da cidadanía senón ás directrices políticas do Partido Popular.

Con Feijóo ao mando da Xunta, Galicia converteuse nesta década nunha das comunidades autónomas máis privatizadoras en materia sanitaria. De feito, son moitos os servizos sanitarios xa privatizados nun proceso paulatino de desmantelamento do noso sistema público de saúde.

Ao anterior, debemos engadirlle os continuos recortes en persoal, acompañados pola escasa cobertura das baixas ou vacacións. E se non hai substitucións do persoal sanitario, evidentemente, aumentan as listas de espera e diminúe a calidade dos servizos prestados.

Segundo manifesta o Concelleiro de Sanidade de Cambados, Tino Cordal, “isto xa o temos comprobado no Centro de Saúde de Cambados, onde levamos moitos meses denunciando esta situación, que lonxe de corrixirse parece empeorar neste mes de setembro, no cal o centro permanecerá pechado pola tarde cando menos oito días e reducirá de maneira significativa o seu horario o resto do mes. Ademais, a Consellería de Sanidade non parece ter intención de querer arranxar as graves deficiencias estruturais do edificio.” Con todo este panorama, á Xunta non se ocorre nada mellor que gastar 395 mil euros en propaganda política (212 000 en publicidade do Sergas e 183 000 en catro letreiros co nome de “Hospital Público” -para que non se diga que se privatiza...-). Un feito que supón unha auténtica provocación para toda a poboación galega afectada polo deterioro da sanidade pública.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.