Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2017

O TSXG DECLARA PROCEDENTE O DESPIDO DOS TRES TRABALLADORES DA LONXA DE CAMBADOS








O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou procedente o despedimento, por parte da confraría de Cambados, dos tres traballadores da lonxa de Tragove. Eses despidos foran declarados nulos, en dúas ocasións, por un xulgado, que nun primeiro xuício non tivo en conta unha grabación en vídeo declarando os despidos nulos, e tivo que repetirse por orde o TSXG. En ese segundo xuício declarara os despidos improcedentes.
Agora, o TSXG corrixe as anteriores sentenzas ao entender que os traballadores, aos que se acusaba de retirar marisco dos lotes dispostos para a poxa, vulneraron a boa fe contractual, incorreron en abuso de confianza e actuaron de forma contraria a ordénes recibidas da confraría, que se propuxo erradicar vellas prácticas que se realizaban na Lonxa de Tragove. 
O alto tribunal considera que o despedimento é unha sanción proporcionada ás faltas que se lle imputan aos tres lonjeros, e por tanto declara a procedentes os despedimentos. 
Contra esta decisión xudicial cabe aínda presentar recurso. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.