Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de noviembre de 2017

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE VENTO QUE AFECTARÁ MAÑÁ ÁS PROVINCIAS DA CORUÑA E LUGO










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará ás provincias da Coruña e Lugo a partir de mañá.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) o fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase en torno ás 9 horas no oeste e suroeste da provincia da Coruña e na mariña de Lugo, con rachas de vento de ata 100 quilómetros/hora
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como á Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.