Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de noviembre de 2017

A XUNTA LICITA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-300, ENTRE VILARIÑO E O POLÍGONO DO SALNÉS









As empresas poderán presentar as súas ofertas para a realización desta actuación, cun prazo de execución de 8 meses, ata o vindeiro 20 de decembro
O proxecto define a execución dunha senda para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, cunha lonxitude de case 1.100 metros
A senda permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño, utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550
Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que para a comarca do Salnés contempla a execución de 5 novas sendas que suman 16,7 quilómetros de lonxitude

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito Vilariño- Polígono do Salnés, por un investimento de máis de 344.000 euros.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para a realización desta actuación, cun prazo de execución de 8 meses, ata o vindeiro 20 de decembro. Estas obras serán cofinanciadas con Fondos Feder 14/20. Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información.
O proxecto define a execución dunha senda para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, cunha lonxitude de case 1.100 metros.
A senda iniciarase no p.q. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés, e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes no lugar de Sameiro, na parroquia de Vilariño.
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación. Ademais, prevese a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios, e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
A senda a construír permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño, utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Plan de sendas no Salnés


Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que para a comarca do Salnés contempla a execución de 5 novas sendas que suman 16,7 quilómetros de lonxitude.
Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.