Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de noviembre de 2017

ALUMNOS O CABANILLAS ACOMPAÑAN EN PONTEVEDRA A NICOLE OUBIÑA A RECOLLER O SEU PREMIO












Nicole Oubiña Vilas da Illa, alumna do IES Ramón Cabanillas de Cambados e gañadora do primeiro premio do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero na súa modalidade de relato e na categoría 1 recolleu hoxe en Pontevedra o seu premio acompañada dos seus compañeiros de 3ºB da E.S.O.

Este venres celebrouse na sede de Afundación en Pontevedra o acto de entrega de premios do concurso, que dirixrion os actores Pilar Castro e Luis Zahera e no que esta escolar de Cambados manifestou o seu desexo de que co seu relato "oxalá puidese concienciar polo menos a unha persoa sobre a violencia de xénero".

En total foron recoñecidos os traballos de 12 estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia, que subiron a recoller premios como tablets, computadores portátiles ou reloxos intelixentes. No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outras autoridades. Ortiz agradeceu aos escolares a súa participación e declarou que "temos que conseguir que as mulleres saiban que hai saída, que teñen a toda a sociedade do seu parte e que denuncien". Pola súa banda, Rueda expresou o seu desexo de que certames como este non teñan que celebrarse nun futuro porque a violencia machista xa non forme parte da sociedade.


"Era o mozo ideal, era o monstro perfecto, era o alicerce do meu mundo, era a miña bóla de demolición". A frase está recollida no relato 'Él', de Nicole Oubiña. Unha soa frase, redactada por unha escolar de 14 anos, pode resumirse a realidade da violencia de xénero na actualidade.


Imaxes- Mónica Patxot (Pontevedra Viva)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.