Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de noviembre de 2017

CARMELA SILVA RECIBE A ALUMN@S DE 5º DO C.E.P. MAGARIÑOS












A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Emprego, Montse Magalllanes, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo provincial ao segundo grupo do profesorado e o alumnado que participan nunha nova quenda de "DepoEmprende na Escola" e na primeira quenda de "DepoEmprende na ESO". Este ano o proxecto chega a un total de 15 centros de educación primaria e especial e, por primeira vez, expándese tamén a outros 6 institutos de educación secundaria, isto é, chegando a un total de 21 centros educativos.
Carmela Silva recibiu ás rapazas e rapaces dos seguintes centros educativos: o CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), o CEP Plurilingüe Riomaior (Vilaboa), o CEIP Plurilingüe Nantes (Sanxenxo), o IES A Guía e o IES Ricardo Mella (Vigo), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), o IES Luís Seoane (Pontevedra) e o IES Rodeira (Cangas). Cada unha destas cooperativas recibiu cadanseu CIF simbólico para poder comezar a operar.

Este ano, o proxecto chega a un total de 15 centros de educación primaria e especial e, por primeira vez, expándese tamén a outros 6 institutos de educación secundaria, isto é, chegando a un total de 21 centros educativos.

Carmela Silva agradeceu "o traballo a maiores que están a desenvolver os profesores e profesoras, engadido a todo o que xa teñen que desenvolver", e sinalou a profesión como "o mellor da nosa sociedade porque son as persoas que fan posible que o mundo sexa un lugar mellor". De feito, afirmou a presidenta provincial, "todo o que conseguín na miña vida foi grazas a que tiven grandes mestras e mestres que me fixeron entender o importante que son o coñecemento, os valores, os principios e que as nenas teñan os mesmos dereitos que os nenos e teñen que ocupar os mesmos espazos".

Carmela Silva resaltou que "este proxecto pretende que as rapazas e rapaces desenvolvan unha cultura emprendedora que non é soamente crear unha empresa, senón crear nas nenas e nenos a idea de que temos que ser persoas emprendedoras, dar pasos cara a adiante para desenvolver as nosas ideas e os nosos soños". "Que ninguén vos diga que non se poden cumprir porque si, todo depende de que teñamos o impulsar para facer o que sexa necesario", afirmou.
A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que "o noso futuro depende de todas e todos vós, cando nos deamos conta o futuro estará nas vosas mans: as institucións públicas, o sector empresarial, a cultura…" e asegurou que, precisamente por iso, "é moi importante pór todos os instrumentos ao voso alcance para que teñades a mellor educación. Queremos seguir poñendo en marcha proxectos que permitan converter a nosa provincia nunha referencia en materia educativa".
O obxectivo de "DepoEmprende na escola" é o desenvolvemento de competencias asociadas ao emprendemento, á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, á cidadanía e á alfabetización dixital. A través deste programa, un total de máis de 500 alumnas e alumnos dos cursos quinto e sexto de primaria están a crear e a xestionar ao longo de todo o curso unha cooperativa na que fabricarán produtos que venderán nun mercado ou feira da súa localidade. No caso do alumnado da ESO, a cooperativa será de comercio exterior e nela intercambiarán produtos con cooperativas de alumnado doutras rexións ou mesmo países. Para iso comunicaranse a través do correo electrónico e manterán videoconferencias e, unha vez obtidos os produtos, tamén venderán eses produtos importados nun mercado local. O alumnado da ESO tamén terá unha serie de obradoiros complementarios nos que recibirán formación sobre imaxe corporativa, catálogos de produtos e deseño dos puntos de venda.
O programa "DepoEmprende na escola" ten como finalidades, ademais do seu obxectivo xeral de adquisición de competencias emprendedoras, o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. A comunidade escolar da provincia disporá de, entre outros recursos, un portal educativo en Internet onde se lles ofrecerá información útil e documentos de apoio cos que reforzar os contidos dos materiais didácticos empregados nas aulas, así como poderán facer as súas propias achegas para facilitar a coordinación do proxecto.
A súa metodoloxía encadra ao alumnado no papel de protagonista da súa propia aprendizaxe, xa que se basea nun traballo desde a práctica onde esa aprendizaxe é activa, cooperativa e significativa, onde a relación entre o centro educativo e os feitos acontecidos na súa contorna máis próxima estarán presentes a diario. A materia incluída neste programa se desenvolverá dun xeito transversal, de modo que o alumnado adquirirá coñecementos nas distintas áreas de coñecemento como matemáticas, ciencias, linguaxe, cultura e tamén competencia dixital, social e cívica ou "aprender a aprender".
Imaxes- Deputación de Pontevedra





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.