Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de noviembre de 2017

J.R. ABAL DA POR ROTO DEFINITIVAMENTE O PACTO DE GOBERNO









O concelleiro de Cambados Pode J.R. Abal da prácticamente por roto o pacto de goberno de Cambados e non asistirá a vindeira reunión dos grupos que o conforman o venres día 1 de decembro.
Así o anunciou esta mañán á prensa  o seu portavoz que convocará ao partido para decidir que decisión tomarase sobre o futuro do cuatripartito. José Ramón Abal asegura que perdeu a confianza nos seus socios de goberno e que o pasado venres so recibeu reproches por parte dos seus socios.

Si o venres todo parecía camiñar cara a solución hoxe todo parece que naufragou.


O líder da formación independente prometera reunións entre os membros da candidatura cada certo tempo e desde que se celebraron al eleccións as reunións celebradas son inexistentes. Membros destacados da candidatura presentaron a súa dimisión, entre eses membros atópase o seu irmán Sergio, deixando a Cambados Pode como unha pantasma. Polo que unha reunión do partido antóxase algo complicado cando máis da metade dos membros da lista marcharon.

De non continuar co pacto de goberno o que debería facer é demitir como edil de goberno e deixar as súas funcións a outro concelleiro ou concelleira.

Abal partirá cara a Madrid para unha promoción de Cambados como Capital do Viño Europeo e despois cara Bruxelas onde se saberá quen toma o relevo de Cambados.


De seguro este non será o derradeiro movemento de Abal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.