Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de noviembre de 2017

O B.N.G. DE CAMBADOS TAMÉN SE OPÓN A INSTALACIÓN DA ANTENA NOS CAEIROS









O BNG de Cambados, que actualmente forma parte do goberno municipal do concello, quere manifestar o seu posicionamento contrario á instalación dunha antena de telefonía nos Caeiros. O BNG será  coherente co seu posicionamento no ano 2013 cando apoiou a eliminación dunha antena de telefonía na Valada, en Castrelo, ou cando  apoiou á non ampliación da Central eléctrica do Pardiño, en Vilariño, por considerar que este tipo de instalacións poderían ter consecuencias negativas para a saúde humana.

É coñecido que estas antenas, ao emitiren radiacións electromagnéticas, poden resultar prexudiciais para a saúde e, por iso, é aconsellable non instalalas nas proximidades de lugares poboados (esta preocupación está fundada  en estudios solventes realizados polos Ministerios de Sanidade  e de Ciencia e Tecnoloxía). Actualmente o marco legal da instalación de antenas de telefonía móbil vén establecido  na Lei Xeral de Telecomunicacións, de 9 de maio de 2014, que recolle o marco europeo en relación coa telefonía móbil  e ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das redes e facilitar a implantación ás operadoras esquecéndose da saúde da cidadanía. Esta nova lexislación supón un cambio radical con respecto á anterior pero para o BNG debe seguir prevalecendo a saúde de veciños e veciñas sobre os intereses económicos das grandes operadoras de telefonía polo que a ubicación destas instalacións debe alonxarse na medida do posible de vivendas e, por suposto, de colexios.


Por iso, o BNG anima a todos os veciños e veciñas de Cambados a participar este mércores na concentración que haberá diante do Concello ás 19:00 horas porque ademais está demostrado que a resposta social será imprescindible para conseguir o noso obxectivo. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.