Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2017

A CONFRARÍA DE CAMBADOS, MÁIS DIDÁCTICA E DIVULGATIVA








Xa locen na Confraría de Cambados os catro primeiros dunha serie de grandes paneis divulgativos que pretenden mostrar as diferentes artes e especies que se traballan na localidade. A iniciativa, impulsada polo Concello e Abanca, e que conta coa colaboración da Confraría de Cambados e de Guimatur (que financiou o panel dedicado á súa actividade), é unha idea do fotógrafo Luís Polo, que pretende estendela a toda Galicia. “Para unha persoa de aquí o mar case non ten secretos, pero para unha persoa que veña de fóra todo isto é novo e se non se lle mostra, non o coñece”, apunta. A intención desta iniciativa é que os visitantes que se acheguen á lonxa poidan facerse unha idea da importancia que a pesca e o marisqueo teñen para Cambados. Unha sorte de reclamo turístico que cada vez ten máis peso na localidade. “Cada vez hai máis persoas que cando veñen visitar unha vila mariñeira achéganse á lonxa, por iso parécenos unha maneira moi interesante de transmitir todo o que aquí se fai”, explica a concelleira María José Cacabelos. De feito, a edila confirma que o turismo mariñeiro está a crecer na localidade “porque o visitante busca experiencias”, apunta. Os seguintes paneis en colocarse serán o do marisqueo a pé e o da vieira, “unha actividade moi importante para Cambados” -puntualiza Cacabelos- pero a intención é completar a serie con novos exemplares, iso si, “a medida que vaia habendo financiamento”, matiza a concelleira.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.