Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2017

EU FUN UN HOME ACOSADO POR UNHA “VIUDA ALEGRE” ( UN RELATO ESTREMECEDOR)











Fai unhas  semanas recibín unha chamada da miña amiga Fátima Abal, pero a miña amiga  non me chamaba en calidade de tal senón como alcaldesa de Cambados e, a súa primeira frase, non fixo mais que espertar a miña curiosidade: “Ricardo, chámote porque viñeron ao meu despacho  a darme queixas túas”; despois de escoitar aquilo non puiden evitar recordar a miña infancia, trinta e cinco ou corenta anos atrás cando, á miña nai, viñan  darlle queixas as nais de   compañeiros do colexio porque, nos pelexaramos, nos insultaramos ou por calquera “trastada”  que tiñamos cometido durante aqueles benditos anos.
Pero si a primeira frase da miña amiga espertou  a miña curiosidade, o que me contou, a continuación,  xa fixo “partirme o cu” da  risa : unha “señora” (por denominala dunha forma educada) afirmaba que a chamara “tetuda” e  que me rira da morte do seu home, isto último algo que, como explicarei mais adiante, é rotundamente falso. Obviamente aquilo  á  miña amiga Fátima, que algo me coñece, soáballe moi estraño e, aínda máis, que unha persoa fóralle a ela, na súa calidade de servidora pública, a darlle queixas sobre un asunto estritamente  privado no que, por riba, ela non tiña absolutamente nada que ver; pois ben, dado que, esta personaxe molestou a unha figura publica cun asunto para nada relacionado coa función que desempeña, hoxe vou falar da que, a partir deste intre, denominarei a “Viuda Alegre”, expresión que, aínda que poida parecer esaxerada, non se achega, nin de lonxe, aos “piropos” que ela dedicoulle a miña humilde persoa e a outros amigos meus, mais que nada, por si alguén ten a “sorte” de atoparse con ela para que non se deixe enganar pola “cariña” tan doce e polos  olliños que pon que asemellan, totalmente, aos dun cachorro de can que fora abandonado na rúa i estivera a pedir que alguén o adoptara.    
Isabel Garcés.JPGComezarei dende un principio: coñecín á “Viuda Alegre” fará cousa duns 3 anos, nesta “ágora virtual”  que son as redes sociais, pois,  tiñamos moitos amigos en común, e, posteriormente, nas miñas vacacións en Cambados, presentáronnos en persoa; daquela xa ela me contara que perdera ao seu home e lembro que lle comentara que, aínda que, non dubidaba, que  o seu   defunto esposo foi o home da súa vida, que non pechara  a porta ao amor porque aínda era bastante nova (hoxe en dia, sen chegar aos cincuenta anos penso que non se pode denominar a unha persoa de “vella” ou  de moi maior). Tamén lembro que,  xa daquela,  me comentara o que tanto lle desgusta que se lle recorde  últimamente, en concreto,  cando lle preguntei si traballaba e  a súa resposta textual e literal foi (e que non vexa aos meus fillos si estou mentindo):  “¿trabajar? ¿para que? ¿para que me lleve Hacienda  el dinero? cobro una buena pensión de viudedad y no necesito trabajar, prefiero disfrutar de la vida”; obviamente todo o anterior a susodita mencionada   podería  negalo pero como dí  o refraneiro popular:  “Por sus actos los conoceréis” e, quen  saiba de quen estou a falar pode dar fe de que, esta muller, si algo ten é moito tempo libre para pasear ao seu canciño, irse de vacacións (algo que,  sexa dito de paso, eu non critico)  e, mesmamente, e isto non é broma,  ver o estado da herba,  aínda que polas súas reaccións nestes últimos meses, quédame a dubida senón tería pasado de ver o estado a fumala directamente pero non adiantemos feitos…. Como dicía anteriormente coñecina persoalmente e, mentiría si dixera que, dende un principio,  non me caeu ben; no terreo persoal, eu  son alguén que, enseguida, tendo a coller  confianza i empatía  coa xente. Pasaron os meses e fixemos unha certa amizade pero,  co transcorrer do  tempo e, sobre todo, neste ultimo ano,   empezou a mudar de carácter e non, precisamente,  polas súas ideas políticas, que  mais ou menos, sempre foron as mesmas senón que volveuse moi belicosa i, empezou  a  discutir por discutir, aínda que  foran auténticas paridas;  non sei hasta que punto influiría que, nos últimos tempos,  comezou a intimar mais coa parella dun coñecido  político da comarca, con  graves problemas de autoestima e que a   leva a  non poder escoitar falar nin de amantes nin de colombianas, vamos, que como se acostuma dicir “se foron a xuntar a fame coas gañas de comer”; a cuestión é que, alá a  finais de agosto ou  comezos de setembro, a “Viuda Alegre” colgou un post en “Cambados Noticias” ( o tema é o de menos) pero co que,  a maioría de seguidores de dita páxina non estaban da cordo e, así, fixéronllo  saber nos comentarios, algo que ela tomouno moi a peito i, empezou a contestar e a insultar  “a tododios” para acabar bloqueando a tódolos que non compartían a súa opinión ; debo sinalar que eu, por cortesía e dado que non pensaba como ela, optei por non participar no debate pero, o que non sabia é que, o mellor, aínda estaba por chegar.
Uns días despois chameina por telefono  por outro asunto que nada tiña que ver con este e foi cando ela aproveitou para sacar este tema e, ademais,  tivo os “santos ovarios” de pedirme explicacións de porque eu non saín na súa defensa en dito debate; obviamente aclareille que eu non compartía a súa postura e xa bastante foi que non a critiquei pero aínda había unha razón mais poderosa que me levara a non saír na súa defensa e que ela non se esperaba que lle amosara…….. resulta que unha semana antes  noutro post, nunha discusión que tiña eu,  esta “Viuda Alegre” colgou un comentario, non xa defendéndome, senón burlándose  de min e  “cachondeandose”  xunto co resto dos tertulianos; lóxicamente, unha semana despois  tíñalla  gardada e, por iso, cando tivo o “morro” de case esixirme que debería ter saído na súa    defensa, eu, simplemente, contesteille: “¿defenderte?, ¿Cómo? ¿Cómo me defendiches ti a min   a semana pasada cando te riches cos teus amigos de min”?.... o longo silencio que mantivo ao escoitar aquilo deixábame ás claras que non se esperaba aquela resposta, e, unicamente,  atinou a dicir: “bueno…. Hombre… es que… aquello…. aquello solo era una broma”; como eu xa empezaba a estar dela “hasta as narices” simplemente contesteille: “pois, sinto dicirche que  eu non o tomei a broma e bastante foi que  tiven a educación de non contestarche”.  Obviamente  dende aquela as cousas non foron  o mesmo, e pouco despois, doulle unha arroutada e comezou a insultarme por privado no messenger do Facebook, no Messenger de Instagram, e hasta por WhatsApp;  obviamente con ese tipo de reaccións  xa me amosara a súa “catadura moral” e   o tipo de persoa que era e como eu  teño mais educación ca ela (cousa que non era moi difícil)  optei, simplemente por bloqueala,  ignorala i esquecerme totalmente  dela.
Pero como esta pobre infeliz é como “el perro del hortelano” que non come nin deixa comer e, ademais, si algo ten é moito tempo libre; pois,  para seguir “tocando  a gaita” e para seguir “cotilleando”  abriu un perfil falso en Facebook, co que poder seguir contestando á xente que, previamente, bloqueara ou (como no meu caso) a bloquearan  e, así, un dia atopeime con ela noutro  post; eu, inicialmente non tiña a seguridade de si, realmente,  era ela aínda que alguén xa me manifestara as súas sospeitas de  que, probablemente,  detrás de dito perfil estaba a “Viuda Alegre”; o asunto é que, no post en cuestión, o debate estaba moi caldeado i, este perfil falso, non paraba de insultar ao resto dos interlocutores (incluído a min) co cal optei por botarlle unha indirecta para ver a súa reacción e, así nun momento, dado cando me chamou “mantenido”, eu limiteime a contestarlle: “ten graza que, precisamente ti, me chames mantido cando eu vivo do meu traballo mentres ti declaraches que non queres traballar, que xa cobras unha boa pensión de viúva e dis que non necesitas traballar, ¿quen é realmente o mantenido? ¿eu que vivo do meu traballo ou ti que vives e moi ben da pensión  do teu home falecido? Obviamente ela tratou de “botar balóns fora” pero polas seus  comentarios intuía que, certamente,  era a “Viuda Alegre”  e  decidín seguir  coa batalla psicolóxica: “vaia, vaia así que es a Viuda tetuda” espeteille sabedor de que, de ser ela, saltaría ao instante  como así foi…. Non vou a reproducir todos os improperios cos que  intentou ofenderme a min ou á miña esposa algo que, dende logo, non conseguiu porque si de algo estou orgulloso nesta vida é  da miña muller pero que non deixaba de ser hasta cómico porque,  dicir, que era bruta coma un arado  era quedarse curto pero, o mellor de todo era que falaba de si mesma en terceira persoa, referíndose a si mesma como “mi amiga” con expresións coma “ya te gustaría a ti que tu mujer tuviera las tetas de mi amiga” ou incluso, algunha, con tono ameazante: “cuando vengas por Cambados prepárate porque mi amiga y su hija te van a estar esperando” ….. mentiríavos (e os que me coñecen poden dar fe) si vos dixera que non estaba gozando coas súas reaccións porque, ademais, iso amosábame as claras que non me equivocara: “ah, vale ¿así que vaime estar esperando a túa amiga, pois, dislle da miña parte que non se me achegue moito mais que nada por si, de súpeto, dálle por xirarse de repente e dáme cunha desas tetas na cara, vamos, que  podería matarme ao instante”  … a discusión seguiu por esa liña argumental hasta que ela sentenciou que aquilo non quedaría así e, despois  e sen que viñera a conta (e  que amosa hasta que punto era de miserable)   nomeou,   a “Chon”e a súa esposa,  para finalizar a conversa dicindo que  falaría coa alcaldesa.
Pasou o tempo i eu  esquecérame totalmente da “Viuda Alegre” hasta que, como dixen ao comezo deste relato, recibín a chamada da miña amiga e alcaldesa de Cambados e como sei que a  susodita viúva vai a ler isto permitídeme, queridos amigos, que lle  pregunte  directamente a ela: ¿agora a quen lle vas dar as queixas visto que falar coa alcaldesa non che dou o resultado? Si foras  un pouco lista e me coñeceras un pouco, non terías molestado á miña amiga  e o tema estaría acabado porque eu xa o tiña totalmente “aparcado” i esquecido  pero como quixestes ir de “sobrada” xa viches o que me preocupan as túas queixas, conseguiches que todo o pobo vexa o miserable e rastreira que es. ¿con quen vas a falar agora, “Viuda Alegre”? ¿co tenente da do posto da Garda Civil de Cambados? ¿ou con Don José, o párroco? mira non me vaias a deixar mal diante de Aldao que eu aínda anhelo ir de monaguillo na procesión de San Benito ou da Valvanera.
A “Viuda Alegre” foi dicindo por aí que me ia a denunciar,  cousa  que non é ningunha novidade  pois foino dicindo, tamén, doutros amigos meus como Ana Maria Pintado o Luis Serén, ¡¡dende logo o que fai ter tanto tempo libre!!; no meu caso  en particular, nada faríame mais ilusión, e anímoa a que o faga  aínda que, soamente,  sexa   por vela fronte o xuíz dando a súa versión, dos meus “graves delitos”,   xa me estou imaxinando a súa declaración: “Señoria, ¡¡es que me dijo que tenia las chuchas muy grandes!!”; o dito, querida “Viuda Alegre” cando queiras vémonos no xulgado, espero que non te pareza mal que eu, non seu dia, gardara os “pantallazos” cos insultos que me dedicaches por Messenger……. Vouche dar un consello e, si queres, aceptalo: fai un acto de reflexión e penitencia, pensa un pouco todo o que dixeches  e a todos os que atacaches e descansa a “cabeciña”, pola miña parte non teño intención de seguir adiante porque no fondo sei que no es mala rapaza  pero, iso si, se queres guerra podes dar por feito que pola miña parte vas a tela.

¡Ah! ¡por certo! Como xa me coñezo aos meus clásicos, mais concretamente, aos meus detractores das páxinas da dereita cambadesa e sei que aproveitarán para intentar  tacharme de “machista” polo mero feito de referirme as “glándulas mamarias” da miña antiga amiga, lembrarlles a eles, tan acostumados a ver a “palla en ollo alleo e non ver a viga no propio” que son os menos indicados  para falar ¿ou acaso  teño que lembrarlles cando fai dous anos e medio dedicáronlle un amplo relato (coa creación incluso dun blog de curto recorrido)  a miña modesta “piroliña”  que, aínda que pequerrecha, ben fermosa que é i , ademais, non se metera con ninguén…… Bromas aparte, sobra dicir que, a pesar dos meus múltiples defectos, dende logo, o machismo non se atopa entre eles; cando debato, e fágoo con moita  frecuencia, no que menos me fixo dos meus interlocutores é o que levan na entreperna;  “machista” é (i así ven definido no dicionario) quen despreza e considera inferior ao sexo feminino fronte ao masculino; no caso da “Viuda Alegre” o seu problema non é por ser muller senón porque  a pobre simplemente non dou  mais de si; se no canto de  ser muller  fora un home a miña reacción tería  sido a mesma e de feito xa me ten pasado noutros casos e si mencionei os seus peitos foi simplemente para desenmascarala, como  puiden mencionar, do mesmo xeito, as súas mans  ou os seus pes porque diferenza non hai ningunha con respecto dos órganos sexuais, as diferenzas, simplemente, márcanas os  nosos prexuízos relixiosos ou culturais.
                                    
UN SAUDO A TODOS E A TODAS

   RICARDO DOMINGUEZ REY










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.