Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de diciembre de 2017

O CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA INCORPORA ÁRBORES DE CAMBADOS E VILANOVA










Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se incorporan ao Catálogo de Árbores Senlleiras seis novos exemplares e cinco novas formacións. Cómpre recordar que o Catálogo de Árbores Senlleiras integra aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.
 
As novas árbores senlleiras son as seguintes:


As novas formacións senlleiras son as seguintes:












Piñeiro manso do Pazo do Cabido
A árbore, cunha altura de 26 metros e un impresionante perímetro 6 metros, ten unha ampla copa que magnifica a sensación de grandiosidade que transmite este exemplar situado nos xardíns do Pazo do Cabido, Vilanova de Arousa (Pontevedra), en pleno val do Salnés.
Araucarias de Cambados
Estes dous exemplares de gran porte, con máis de 31 metros de altura e 2,5 de perímetro, destacan entre as vivendas do casco vello de Cambados (Pontevedra).
Esta formación de araucarias acompaña no Catálogo galego de árbores senlleiras a outros dous exemplares da mesma especie e similares dimensións: a Araucaria Excelsa da Casa de Tenreiro en Pontedeume, e a Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns, en Vilanova de Arousa.

Catálogo galego de árbores senllleiras
O Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás características excepcionais que as fagan merecentes dunha protección especial.
Configúrase como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos os seus propietarios, as administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.
 
Desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007 foi obxecto de diversas revisións, e con estas novas modificacións publicadas hoxe no DOG, o Catálogo galego de árbores senlleiras pasa a incluír un total de 186 elementos






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.