Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de diciembre de 2017

O CIAE LEVA REXISTRADAS 500 INCIDENCIAS RELACIONADAS CO EPISODIO DE METEOROLOXÍA ADVERSO










Un total de 261 incidencias son as rexistradas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), durante o período comprendido entre as 08:00 horas e as 17:00 horas deste día. Todas elas, relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso de nivel vermello/laranxa por vento e choiva e o de  nivel laranxa costeiro que dende primeiras horas, afecta á nosa comunidade.
Por provincias, a de Pontevedra é que está a rexistrar maior número de incidencias con un total de 144, A Coruña con 72 incidentes, Lugo con 27 e por último a de Ourense con un total de 18 incidencias rexistradas. En canto aos Concellos, na provincia de Pontevedra, o de Vigo foi un dos mais afectados con un total de 23 incidencias, tamén o de Soutomaior con un total de 7. Na provincia da Coruña, o de Santiago de Compostela foi un dos Concellos con mais incidentes rexistrados, un total de 7, 4 as xestionadas no de Boiro, Muros e Bergondo entre outros. O Concello de Lugo con 6, o de Navia de Suarna con 4 son os mais afectados da provincia de Lugo. E por último, na provincia de Ourense o de Ribadavia con 7 incidentes xestionados e, entre outros, o de Viana de Bolo con dous incidentes.
Aínda que, no CIAE non constan incidencias nas que houbese que lamentar danos persoais, a caída de árbores e pólas en estradas, vivendas anegadas, incidentes de prevención de risco, bolsas de auga en estradas son as que mais se repetiron durante este período de tempo.
Cabe destacar, no termo municipal pontevedrés das Neves, a caída á rúa de tellas e parte dun tellado dunha casa deshabitada. En Chantada (Lugo), derrubouse unha casa habitada, por fortuna, ningún dos habitantes resultou ferido. Tamén, un tellado dunha casa caía esta tarde por mor do vento en Fene (A Coruña), no lugar das Tellerías. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicou que na casa viven dúas persoas pero, ningunha delas, resultou ferida. En Pontevedra, unha árbore caía este mediodía sobre un turismo que circulaba pola PO-10 causando, unicamente, danos materiais.

Última hora 21:00
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia leva xestionadas dende as 8,00 horas ata agora un total de 483 relacionadas coa borrasca de vento e choiva que esta afectando á nosa comunidade. A previsión é que a borrasca amaine ao longo da noite e polo tanto mañá mantéñense as clases.
Segundo o informe actualizado ás 20,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas, bolsas de auga nas estradas, anegamentos en rúas e vivendas e cables de luz nas estradas. 
Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37. 
Nas últimas hora os concellos máis afectados son na provincia de Pontevedra, A Estrada, Vigo, Mos, Pontevedra e Lalín. Na provincia da Coruña, presentan máis incidencias os concellos de Santa Comba, Boqueixón, Carballo e Outes. Na provincia de Lugo, presentan incidencias os concellos de Chantada e Antas de Ulla, e A Rúa e Verín, na provincia de Ourense.  
As incidencias mais destacadas son a caída dunha galería dun edificio enriba de coches, na Avenida de Fisterra, en Arteixo. Na Coruña, a caída do alumeado de Nadal na Avenida de Hércules afectou a unha tubaria do gas. 

Nas estradas galegas, rexistrase unha incidencia na AC-14 p.q. 6 dirección Coruña, pola caída dunha árbore, cun accidente con varios coches implicados sen feridos, estando un carril da estrada operativo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.