Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de diciembre de 2017

O CIAE REXISTRA 193 INCIDENCIAS RELACIONADAS COA METEOROLOXÍA ADVERSA











O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia ven de rexistrar un total de 193 incidencias debido á alerta laranxa decretada por costeiros e vento que afectou á nosa Comunidade entre as 16:00 horas de onte e as 08:00 horas desta mañá.
Por provincias, A Coruña foi a mais afectada con (101) incidencias rexistradas, Pontevedra con (49), seguida de Lugo con (27) e por último a provincia de Ourense con (16) incidencias. A caída de árbores e pólas (110) e obxectos varios (30) en estradas foron as incidencias que máis se repetiron.
En canto aos concellos, na provincia de A Coruña, destaca o de Ferrol e o de Oleiros con (7) incidentes xestionados en cada un deles, o de Valdoviño e o de Boiro con (5) incidencias, respectivamente. (12) incidencias son para os concellos pontevedreses de Vigo e (6) para o de Cangas, entre outros. Na provincia de Lugo destaca o concello de Xove con (5) incidencias rexistradas e o de Lugo con (4) incidencias. En Ourense, destacan as dúas incidencias de Xinzo de Limia. 

Para este mércores Meteogalicia activou un aviso con alerta laranxa en todo o litoral galego. Espéranse ondas de máis de 7 metros. O xoves a alerta cambiará a amarela. A previsión sinala que continuará a inestabilidade e espérase unha Noitevella pasada por auga.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.