Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de enero de 2018

MAÑÁN SAIRÁ A CABALGATA DOS REIS EN CAMBADOS










Mañán venres 5 de Xaneiro, os Reis Magos visitarán a vila cambadesa.
Ás 12.30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas no salón de plenos de Concello. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, As súas Maxestades percorrerán coas súas carrozas acompañados polos seus séquitos e a banda de Música de Castrelo as principais rúas da localidade, desde a praza de Fefiñáns facendo o percorrido de costume.

Os Reis de Oriente percorrerán mañá as principais rúas do centro de Cambados para saudar aos máis pequenos. Cada un contará coa súa carroza e o Concello xa as ten listas para que todo salga perfecto. Ademais, como xa é tradición, a asociación Volandeira tamén creou unha montaxe especial para a ocasión.
O Concello comprou unha tonelada, para tamén entregalos nas cabalgatas das parroquias.
Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán pola mañá e nas súas axendas teñen actos previos antes da gran cabalgata da tarde. Así, ás 11:30 horas visitará aos anciáns do asilo de San Tomé para desexarlles felices festas. Tamén haberá unha recepción oficial na Casa do Concello. Terá lugar ás 12:30 horas e contará coa presenza de autoridades locais. Os nenos que queiran asistir poderán acceder ao salón de plenos, aínda que non se descarta que saian ao exterior. Itinerario habitual Posteriormente, as Maxestades de Oriente retiraranse a descansar ao Palacio de Fefiñáns, onde xa se atopan as carrozas coas que logo percorrerán as principais rúas do centro urbano. O itinerario será o mesmo que en anos anteriores aínda que pode verse reducido no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas. As tres carrozas nas que viaxarán xa están no histórico inmoble e a temática mantense en segredo, para que sexa unha sorpresa. A comitiva sairá de Fefiñáns ás 17 horas e repartiranse máis de 700 quilos de caramelos–aptos tamén para celíacos– entre os asistentes. O resto, ata alcanzar a tonelada, repartirase nas recepcións que se fagan nas parroquias.


En caso de moi mal tempo, a comitiva cambiará as rúas polo Salón Peña.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.