Este ano melloráronse os circuítos da proba
Despois do éxito conseguido na primeira edición, Ocean Lava Galicia buscará consolidarse este 2018. Sobre os mesmos paraxes que na edición de 2017, o 29 de abril disputarase a segunda edición.
O cambio de data é a gran novidade desta edición, onde a organización tivo que adaptala polo comprimido calendario de tríatlon da federación galega de tríatlon.
Tentando mellorar a experiencia dos triatletas, a organización deseñaron os circuítos sobre a base dos utilizados na pasada edición, pero tratando de mellorar os aspectos os puntos débiles detectados na proba.
A natación será en liña como en 2017 con saída no Porto de Santo Tomei e chegada no porto de Tragove, os dous na localidade de Cambados, coa novidade de que este ano a natación farase pola parte de fóra do peirao para que sexa unha natación moito máis limpa.
No segmento de ciclismo simplifícase a ligazón evitando o primeiro tramo urbano, e sinalizando e arrombando a zona máis complicada de leste. Seguirán sendo 4 voltas, pero coa eliminación da ligazón pasan a ser 80 quilómetros. Aínda así, o segmento ciclista mellora moito coa eliminación dese primeiro tramo de ligazón.
No segmento de carreira, na distancia half a ponte da Illa de Arousa seguirá sendo un dos emblemas da proba. Redúcese tamén o tramo urbano, que se fará ao principio do media maratón investindo así a orde con respecto á edición de 2017. O segmento de carreira a pé sairá de Cambados, pasando por Vilanova de Arousa ata a Illa de Arousa onde se dará volta para volver a Cambados onde estará situada a meta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.