“O segredo do Tendal” de Raquel Queizás, será a primeira das representacións dun novo ciclo de Teatro ás seis que arranca este domingo 18 ÁS 18Hrs. A entrada é de 3,50 euros para o público xeral e de 2,50 euros a reducida para parados, xubilados e menores de 18.
O espectáculo é unha mestura de teatro, monicreques e pantomima
Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar coma elas: as pinzas axudan a un pano a medrar ata se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas... ou é un can de palleiro?
Grazas a unha técnica de manipulación de panos inspirada nos mestres de monicreques orientais o escenario pasa de mostrar pezas de roupa secando ao sol a ser o interior dun castelo, un mar poboado por sereas, ou a cova dun feroz polbo gardián dun tesouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.