Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2018

FEBREIRO É O MES DE BOTARLLE A LINGUA AO AME












Moitos de vos xa sabedes que desde onte e como casa mes de febreiro podedes sacar a lingua ao AME. Podédelo facer neste enlace. So tedes que facer un selfi, soios ou en grupo e subilo nese evento do facebook.

Porque a lingua? Porque é o único músculo que non enferma.

Cada ano, a Federación Española de Enfermidades Raras ( FEDER) celebra en coordinación coa Organización Europea de Enfermidades Raras ( EURORDIS) e a I Alianza Iberoamericana de Enfermidades Raras ( ALIBER) unha Campaña de Sensibilización en torno ao Día Mundial das Enfermidades Raras (28 de febreiro). A Campaña ten como obxectivo concienciar sobre as patoloxías pouco frecuentes e atraer a atención sobre as grandes situacións de falta de equidade e inxustizas que viven as familias.

No caso de Cambados e grazas ao empeño e a loita de Merchi Álvarez dedicamos este mes á loita contra o AME (Atrofia Muscular Espinal), pero sin esquecer outras enfermidades raras.

A Atrofia Muscular Espinal (AME) é unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular. Isto ocorre debido á afectación das neuronas motoras da medula espinal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofien.

Grazas ao Diario de Arousa polo seu artigo de onte.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.