Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de febrero de 2018

MORRE UNHA VECIÑA DA ILLA TRAS PRODUCIRSE UN INCENDIO NA SÚA VIVENDA












Unha septuaxenaria veciña da Illa de Arousa perdeu a vida esta madrugada despois de declararse un incendio no interior da súa vivenda.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse pouco despois das cinco desta madrugada nun inmoble situado na Avenida da Ponte, preto da Casa do Mar da localidade arousán.
Ao lugar acudiron os bombeiros de Vilagarcía para sufocar o lume, que afectaba ao cuarto no que atoparon á muller falecida. Ardeu practicamente toda a estancia, agás o armario, e o resto da vivenda sufriu danos a causa da acumulación de fume.

Polo momento, descoñécese a orixe do lume, aínda que os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilagarcía sospeitan que puido ser a causa dunha manta eléctrica que había na habitación, pegada a unha fiestra.
No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Cambados, Protección Civil de Cambados e un equipo do 061-Urxencias Sanitarias do PAC de Cambados, que só puideron certificar o falecemento da muller.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.