Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2018

RESULTADOS DO CAMPEONATO DE POWERLIFTING WPC “CAMBADOS CAPITAL DO ALBARIÑO” 2018.










O pasado sábado déronse cita en Cambados (Pontevedra) varios dos mellores Powerlifters de españa no I Open Nacional “ cambados Capital do Albariño” 2018, organizado polo Club Vital Sport Cambados, o Club GT Team de Teixeiro (A Coruña) e o Ilmo Concello de Cambados.
A cita se saldou, na súa Categoría Elite, coa vitoria do madrileño Daniel Martínez , o multicampeón do mundo veu á capital do albariño disposto a non deixar dúbidas e sentenciou o campionato na primeira proba cunha Sentadilla case inhumana de 360 kg.

Os seus inmediatos perseguidores remontaron un pouco na segunda proba con grandes marcas na modalidade de Press Banca (217,5 kg César Agüera e 227,5 kg Guti) pero non foron suficientes para igualar ao Uruguaio afincado en Madrid, que tamén se impuxo na modalidade de Peso Morto, entre estes competidores fixeron 3 das 6 mellores puntuacións da historia de Powerlifting en España batendo ademais dous récords de España. A categoría completárona o Villagarciano Carlos Berride e Jaime Carballo con incribles marcas de 300 kg.
O triunfo en categoría feminina Nacional foise igualmente a Madrid da man de Isabel Sanz que con só 19 anos ostenta varios récord de España. O Open Nacional masculino, tremendamente disputado, con 14 competidores no que se bateron dous Récords Nacionais, un deles consecutivamente en dúas ocasións por competidores correlativos en quenda de competición, e tendo unha actuación estelar o Catalán José Luís Domínguez que bateu o actual Récord do Mundo de Press de Banca en categoría sub- junior e en Alejandro Serrano que se proclamou campión do Open.

Outros resultados foron: Campión masculino Press de Banca: Roberto Vázquez (récord de españa).
Campión masculino Peso Morto: Alejandro Serrano.
Campioa feminina Press de Banca: Leticia Fernández .
Campioa feminina Peso Morto: Isabel Sanz

VÍDEO-RESUMO





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.