Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de febrero de 2018

RETIRAN A DENUNCIA CONTRA DOUS PAIS DE XOGADORES DO CAMBADOS











O árbitro do partido Verdugo-J. de Cambados retirou a denuncia que puxera o pasado domingo contra dous pais de xogadores do infantil B por agresión. 

Este blog xa tivera o mesmo domingo, coñecemento da versión dos pais e difería moito da que dera o trencilla.  Trala reacción do J. de Cambados de abrir unha investigación decidimos non publicar nada ata que esta finalizase. 


Unha vez que os pais acusados tiñan a idea de denunciar a este árbitro por denuncia falsa o propio colexiado dou marcha atrás, alegando que "estaba muy nervioso".
Segundo os pais, foi o propio colexiado quen se encarou cos pais despois de que estes lle dixeran "ciao" cando se dirixía a coller o coche para marchar e que o debeu entender por outra cousa. Os pais intentaron explicarlle que non lle dixeran nada malo pero non houbo maneira. Foi entón cando se produxo un intercambio de palabras pero nunca unha agresión como denunciara o árbitro.

Agora so queda agardar por un comunicado da delegación pontevedresa da FGF e un artigo na Voz De Galicia retractándose das acusacións falsas de este trencilla que deixou en entredito a reputación de pais e do clube cambadés. Por suposto tamén se fai necesario un comunicado por parte do clube toda vez que a investigación ten rematado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.