Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de febrero de 2018

TODA A PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO DE CAMBADOS













Venres de ENTROIDO 

A TÚA CARA SÓAME 22.30 h. 
Na Praza de Alfredo Brañas A túa cara sóame, espectáculo musical imitando o programa “Tu cara me suena” onde teremos actuacións con música en directo. Anímase a toda a xente a que veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais. 

* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña


Sábado de ENTROIDO 

A partir das 17.00 h. 
No Parque de Torrado animación infantil e inchables da man de Animar-T*. 

21.00 a 01.00 h. 
Na Praza de Alfredo Brañas, Discoteca Móvil La Chata. Organizado polos locais A Leria, Brothers e Baloca. 

* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.


Domingo de ENTROIDO 

DESFILE DE CARROZAS 16.00 h. 
Na Escalinata de San Tomé, recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile. 17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música do Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Ribeira de FefiñánsPaseo da Calzada – Praza do Concello. O desfile será retransmitido polo DJ Studio 21. 
18.30 h. Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. 
(Para máis información, consultar as bases) 

* En caso de choiva o desfile farase o martes 13 ou como última data o sábado 17 de febreiro

Luns de ENTROIDO 

BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS 17.00 h. 
No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Chic e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, grupo de 150€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais asociados a Zona Centro. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. (Para máis información, consultar as bases). 
17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 60€. 
(Para máis información, consultar as bases).

Martes de ENTROIDO 

GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS 17.00 h. Na Praza do Concello, Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€. 18.30 h. 
Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas: un 1º premio de 300€, un 2º premio de 200€ e 3º premio de 100€. Para o resto de participantes non premiados haberá unha gratificación de 100 €. 
(Para máis información, consultar as bases) 
*En caso de choiva ambos concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña. 
* En caso de traslado do concurso de carrozas ao martes 13 de febreiro, o concurso de disfraces pasará a realizarse o domingo 11 de febreiro, no Salón Peña

Mércores de CINSA 

ENTERRO DA SARDIÑA 18:00 h. Na Praza do Concello*, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”. 
19.00 h. Trala papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano guiará o Abade Avelino González cos cánticos sacros de Charanga Os Jaláticos e Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados formar parte deste sepelio que terá lugar na praia de San Tomé... para acabar con Don Macho-Man, a lacra do machismo na sociedade actual, queimándoo no lume purificador. 
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.


Bases dos concursos








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.