Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA MAÑÁ A ALERTA LARANXA POR VENTO NAS CATRO PROVINCIAS







Acordouse suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectada
Tamén se activará a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña
A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento a partir da mañá na práctica totalidade das catro provincias.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da madrugada do mércores 14 de marzo haberá refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña; así como en zonas de Lugo (A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). No resto do territorio, a alerta por vento será de nivel amarelo.
Desde a madrugada do mércores tamén estará activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña, onde se agarda mar combinada do suroeste con ondas de 5 a 6 metros.
Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Ademais da alerta por vento, mañá tamén estará activa unha alerta amarela por chuvias en zonas da Coruña, Pontevedra e Ourense; e por neve por riba dos 1.200 metros na montaña de Ourense e Lugo.

Suspensión das actividades ao aire libre

Por outra banda, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores aos 100qm/h, nomeadamente as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.