Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2018

A XUNTA INSTA Á SUSPENSIÓN DAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO SÁBADO NA CORUÑA E PONTEVEDRA POR MOR DO TEMPORAL








A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.
No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior) esperándose que de comezo a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018 e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.
Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde do sábado 10 de marzo de 2018 nas provincias de Coruña e Pontevedra.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018.
A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.