Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2018

ACTO CONMEMORATIVO DAS PRIMEIRAS SENTENZAS EN GALEGO



Mañán venres 16 de marzo, ás 12:30 horas no edificio dos Xulgados de Cambados (rúa Emilia Pardo Bazán) será descuberta una placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega polo maxistrados D. Edgar Fernández Closs, Dª Carme Pose Amado e D Xoán Manuel Hermo Costoya nos xulgados do Partido Xudicial de Cambados.

Alá polo 1983 producíronse dous acontecementos claves para a Irmandade Xurídica Galega: a aprobación da Lei de Normalización Lingüística e a fundación da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Os tres precursores da emisión de sentenzas xudiciaís en galego estarán en Cambados para recordar esa efeméride, Edgar Fernández Closs, Carme Pose Amado así como o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo Romero, o avogado Avelino Ochoa Gondar, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.