Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de marzo de 2018

CAMBADOS ARRANXARÁ AS DEFICENCIAS DO CENTRO DE SAÚDE ANTE O ABANDONO DA XUNTA




Cansos de agardar polas reformas e reparacións do Centro de Saúde de Cambados que ten que afrontar a Xunta de Galicia o Goberno Municipal vai sufragar os gastos das obras a realizar.
O edificio, que ten xa 30 anos, presenta numerosas deficiencias.
Dous anos solicitando un proxecto que corrixa estas anomalías, un tempo máis que suficiente para recibir unha resposta. I esa resposta non chega.
O Goberno Municipal decide actuar agira antes de que esas deficiencias se fagan máis grandes e sexa moito peor. As deficiencias están localizadas tanto no exterior coma no interior.

No exterior o edificio presenta un aspecto bastante lamentable con óxido, sucio e falta total de pintura. As fiestras e portas necesitan un "resellado" posto que apareceron filtracións de auga i humidades. A entrada de Urxencias necesita un cambio pois calquer día cae todo.
Por dentro, e aparte de pintar o Centro de Saúde precisa melloras nas ventanas e portas exteriores e nas portas de acceso as consultas e aos baños.

O presuposto ronda os 50.000 euros que serán sufragados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. 
O prazo de execución das obras é dun par de meses a partir do inicio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.