Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2018

CARMELA SILVA REIVINDICA EN CAMBADOS A CLAVE DA EDUCACIÓN NA LOITA POLA IGUALDADE









Carmela Silva reivindica en Cambados a clave da educación na loita pola igualdade no preludio da impactante acción de Elisa Miravalles en violencia zero

A artista impresionou ao alumnado asistente coa súa performance na que as coliflores foron protagonistas na escenificación da forza das mulleres
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e pola deputada provincial, Digna Rivas, asistiu este luns no Salón Peña de Cambados á novena intervención artística do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.
No preludio da actuación da artista Elisa Miravalles, a presidenta Carmela Silva, lanzou unha mensaxe ao alumnado do Colexio Salesianos resaltando que "a educación é o único instrumento que nos vai permitir poñer en marcha un proxecto de sociedade onde a ninguén se lle vai impedir avanzar e así crear unha sociedade na que todas e todos sexamos iguais, en definitiva, unha sociedade mellor". Silva tamén recolleu datos que falan por si mesmos da lacra das violencias machistas e contou que "no ano 2016 houbo máis de 5.800 denuncias sobre malos tratos e en 2017 máis de 6.400, incrementou nun 13,3%". Así, sinalou que "cada ano aumentan as mulleres que dan o paso de denunciar pero desgraciadamente  tamén medran os asasinatos. No 2017 houbo 55 asasinatos machistas, máis que no 2016, e isto é algo que non podemos consentir".
Pola súa banda, Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, agradeceu á Deputación "a creación deste programa e o traballo que fai o goberno de Carmela Silva a favor da igualdade, as mulleres somos máis da metade da poboación e temos que ocupar o espazo que lle corresponde."
A protagonista da acción foi Elisa Miravalles, que actuou en Cambados coa súa performance "Extrema presenza". A artista deu protagonismo a ducias de coliflores coas que interactuou e coas que representou unha silueta e escribiu a verba "amor". A acción, que non deixou indiferente ao alumnado que asistiu ao acto, representaba segundo a propia artista "a fortaleza das mulleres en contraposición da idea de muller débil que aparece continuamente nos medios"
"Mulleres en Acción. Violencia Zero" reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e novamente se celebra este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.