Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DISTINTAS ORDENANZAS FISCAIS








APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS DO CONCELLO DE CAMBADOS
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 25 de xaneiro de 2018, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación das seguintes ordenanzas fiscais:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 28 de decembro de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 28 de abril de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 24 de febreiro de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e terreos de uso público cando dean acceso a establecementos industriais ou comerciais, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Anúnciase a exposición ó público dos expedientes de modificación das devanditas ordenanzas fiscais, por un prazo de 30 días hábiles, de conformidade có disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, ó obxecto de que os interesados que o estimen oportuno podan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
Esta exposición terá lugar na oficina da Concellería de Facenda do Concello e a través do seu Portal de Transparencia na dirección:
www.transparenciacambados.gal/taboleiro-de-anuncios-virtual/
Os efectos de exame do expediente e presentación das reclamacións que estimen oportunas.
Finalizado o período de exposición pública o Concello resolverá, no seu caso, as reclamacións que se presentaran e aprobará a redacción definitiva da modificación da ordenanza fiscal. En caso de que non se presentaran reclamacións, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, sen necesidade dun novo acordo plenario.
O acordo definitivo có texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia como requisito previo a súa entrada en vigor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.