Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2018

MEDIO AMBIENTE LICITA A REDACCIÓN DE 4 ACTUACIÓNS RECOLLIDAS NO PLAN DE SANEAMENTO DA RÍA DE AROUSA,1 EN CAMBADOS






O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os contratos para a redacción dos estudos de viabilidade, anteproxectos e proxectos construtivos para mellorar as redes de saneamento en Vilagarcía e Cambados e a mellora da rede de colectores na Illa de Arousa
Os catro contratos contan con fondos do Programa Operativo Europeo Feder 2014/2020
Cómpre recordar que Augas de Galicia realizou un diagnóstico das redes de saneamento e depuración de todos os concellos do litoral desta ría, que se concretou no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, licitou esta mañá varios contratos para a redacción de catro actuacións recollidas no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, por un importe de máis de 600.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os contratos para a redacción dos estudos de viabilidade, anteproxectos e proxectos construtivos para mellorar as redes de saneamento en Vilagarcía e Cambados e a mellora da rede de colectores na Illa de Arousa.
Cómpre lembrar que Augas de Galicia redactou o Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, para o que realizou un diagnóstico da rede de saneamento e depuración de todos os concellos do litoral desta ría, entre eles os concellos de Vilagarcía, Cambados e da Illa de Arousa. Neste diagnóstico identificáronse as distintas incidencias que afectaban, tanto ao funcionamento das redes como á capacidade de tratamento das augas residuais urbanas, e identificáronse posibles actuacións de mellora nas infraestruturas existentes ou de ampliación das mesmas para subsanar as incidencias máis importantes.
Así, Augas de Galicia licita hoxe a redacción dos proxectos construtivos que definan en obras concretas as actuacións que se consideran necesarias a realizar, para os concellos de Vilagarcía, Cambados e da Illa de Arousa.
En Cambados, licítase a redacción dun proxecto que defina actuacións para a redución da entrada de auga pluvial na rede de saneamento e minimizar o volume enviado a EDAR de Tragove. Proxectaranse diferentes tramos de conducións de pluviais, desconectando as actuais conexións deste tipo de redes ao sistema de saneamento de Cambados. Tamén se deseñarán actuacións para algúns tramos de colectores que presentan infiltracións importantes dende un punto de vista de impermeabilización aplicando técnicas non destrutivas. Ademais, incluirase unha solución para os problemas de depuración da EDAR do Facho e a optimización dos bombeos existentes na rede. O importe de licitación do contrato é de case 144.000 euros.
Estes contratos están financiados ao 80% con fondos do Programa Operativo Europeo FEDER 2014/2020

Máis info.

D.O.G.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.