Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2018

"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" CHEGA A CAMBADOS COA PERFORMANCE DE ELISA MIRAVALLES








O programa da Deputación "Mulleres en acción. Violencia zero" chega a Cambados coa performance de Elisa Miravalles

A presidenta Carmela Silva e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asistirán á acción artística Extrema presenza xunto ao alumnado de centros escolares da localidade
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a artista Elisa Miravalles, e pola deputada provincial, Digna Rivas, asistirá este luns 12 de marzo ás 12 horas, na praza do Concello, (en caso de mal tempo trasladarase ao Salón Peña), á novena intervención artística do programa "Mulleres en acción. Violencia zero", unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.
A protagonista da acción artística será Elisa Miravalles, artista visual e de performance, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, cun mestrado en Investigación, Arte e Creación realizado na mesma entidade. A obra que representará en Cambados titúlase Extrema presenza. A actuación, á que ten confirmada a súa asistencia o alumnado do Colexio Salesianos, estará aberta ao público xeral.
Todas as performances de Elisa Miravalles son irrepetibles e en cada unha delas existe un gran contido de improvisación. Debido a que estas dependen do estado "do ser" no que se atope nos días anteriores á acción, nunca pode asegurar con exactitude como se levará a cabo a representación. En Extrema presenza utilizará a forza e a presenza do seu corpo como fío condutor entre os materiais escollidos, o tempo e o espazo presentes, creando una acción dotada dunha grande intensidade estética, sonora, física e emocional que non deixará o público indiferente.
"Mulleres en acción. Violencia zero" reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e novamente terá lugar este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.