Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de marzo de 2018

OS VÍDEOS DE ARAGUNDE E CHARLÍN





Esto sí é un tema no que todos debemos reflexionar. 
Eu non me vou desdecir do que dixen na anterior crónica, non pode dicir alguén que se levanta o Pleno porén o día seguinte hai que madrugar, e se hai algunha cousa que molesta, con non ler abonda. Porén así como digo unha cousa tamén digo outra: os funcionarios teñen que fichar cando entran e saen do traballo, os políticos non … Coa lei na man, en ningures pon que teñan que facelo e incluso me atrevo a dicir que non se ten en conta que cando non están ás nove e media coma di Aragunde será digo eu porque están nun acto ou o que se tercie. A min que cheguen as 11 , as 3 da tarde ou coma se son as 12 da noite tanto me ten. Non vou caer na pataleta de “e ti máis” nen voltar ao patio do colexio de quen é coma cantabamos o primeiro, o segundo e o terceiro en pisalo recreo. 

Penso que eleitoralmente Aragunde emprega tódolos recursos ao seu alcance para facer pasar a éstes por vagos, cando non son tal. Este goberno traballa (e moito), ainda que o resultado segundo cada quen seña satisfactorio ou non, haberá tempo de comprobalo o ano que ven onda compre facelo, nas furnas. Está doído polo que parece por que ñe chamara J.R Abal “vago político” e quixo deste xeito lle devolvela moeda, e colleunos a pe cambiado segundo algúns, e outros dixeron esto é puro populismo. Hai unha controversia encol do que é ético e o que non. Eu sen ir máis lonxe esta mañá estiven no Concello e todo estaba en orde. Que empregue a astucia para tentar quedar ben diante dos seus fieis, ou digámolo así, seguidores, me parece moi correcto. Agora hai que facela pregunta á inversa: teñen os actuais políticos un tempo semanal estipulado para recibir aos veciños, hai alguén que tome boa nota do que precisan, ou se lles ofrece a posibilidade de concertar unha cita o desconozo pero quero pensar que sí, se non estariamos ante un feito gravísimo. 

Sei polas redes sociais que moitos veciños e veciñas se queixan de que canda chegan alí e buscan a unha persona (políticos que non son funcionarios, hai que comezar a separar) non se lles recibe segundo eles e se cabrean. Pois a solución é doada, xa que non hai folla de reclamacións nen nada polo estilo, aí están as eleicións cada catro anos volto a repetir para castigar a quen non o fixo ben segundo o noso punto de vista e premiar ao que traballou (na nosa opinión) e mellorou a calidade de vida dos veciños. O que Aragunde amose un vídeo (leva máis de 2.000 reproducións) é unha xogada de trilero, nada que non fixeran os de antes, con outros acenos.
Vídeo de Aragunde

O grave é que un home curtido e que se supón que ten raciocinio coma Xurxo Charlín en cuestión de horas resposte de idéntico xeito, penso que é un erro. Un Portavoz Municipal o que ten que facer é chegado o caso convocar aos medios de comunicación e lles explicar para que dean traslado aos veciños como son as cousas, algunhas das que puxen anteriormente por exemplo, pero nunca poñerse a altura do suxeito en cuestión. Non ten siquera que explicar onde estaba a esa hora él nin o resto. É coma si eu teño que decir a alguén como debo facer o meu traballo e onda estou. Vale que teñen un soldo que perciben pero a min tanto me ten que o fagan namentras o demostren. 


Vídeo de Xurxo Charlín
Un político non é un oficinista que ten que estar de oito a tres, é alguén que ten un cometido e pode distribuilo seu tempo coma considere, agora sí, volto a repetir: así coma nos bancos hai un horario para pagar facturas, en calquera empresa (pública ou privada) debe haber un horario onda diga claramente se atende ao público nesta franxa horaria, e se hai algunha cuestión de forza maior que impida que esta persona estea alí, delegue en alguén tomar nota e a maior brevidade se poñer en contacto o político de turno con ese veciño, non ao revés,o veciño xa fixo o camiño. E que son cousas que non sei nin coma me molesto en explicar, por iso digo que cando este goberno o seu principal problema estriba na imaxe e na comunicación é por algo, todo o apuntado anteriormente o corrobora. A súa mensaxe non chega aos veciños moitas das veces, e non hai nadie que diga cando toque pois equivoqueime, ou pido desculpas, ata o mesmo Aragunde o fixo cando era Alcalde en varias ocasións. Agora é tarde, unha vez a vida política está xudicializada e en plena campaña eleitoral. 

 Lin unha enchenta de mensaxes no facebook dos veciños, uns dándolle a razón a Luis e outros quitándolla e dándolla a Xurxo, e namentras a casa sen barrer. Espectáculo mediático, e os veciños xa non precisan mercar o HOLA no kiosco, para qué cando temos aos nosos “famosos” grabando en vídeo e todo. 

Agora chega a Semana Santa (lembrade que non se pode comer peixe en viernes para os afeicioados aos asuntos eclesiásticos) e vamos ver a parte dos nosos políticos en procesión, e como sei o que se aveciña debo lembrar que é un acto individual, que profesar unhas crenzas relixiosas non é delito, eu sen ir máis lonxe penso participar nalgunha. Aparte de Relixión é Cultura, ten un significado social, forma parte das nosas tradicións, as que nos converten no que somos. Haberá xente que aproveite para facer política, será o momento de lle lembrar a algúns a diferenza que hai entre a vida pública e a vida privada, e que a Deus o que é de Deus, e aos homes o que é dos homes. 

E por hoxe abonda, penso que dou cumprida resposta a algún de vós que me pedístedes a miña opinión e deixo unha mensaxe para a reflexión: estamos nun mundo que vai moi a presa e temos pouco tempo para pensar e poñer nunha balanza os pros e os contras, para separalo trigo da palla, e para en definitiva ser xustos con cada quen. Non hai que se deixar levar pola xenreira, o odio ou o resentimento. Eso científicamente está máis que demostrado que é malo para a saúde e acaba en se converter en enfermidades, e a saúde e o tempo son os bens máis preciosos que temos coma para estragalos. 

Apertas e bó fin de semana. 
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.