Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de abril de 2018

CARTA ABERTA A DON JUAN GIL, PRESIDENTE DA D.O. “RIAS BAIXAS” E ASPIRANTE A “BOICOTEADOR” DA FESTA DO ALBARIÑO


Estimado Sr. Juan  Gil
Ante todo prégolle desculpas si, ao longo desta  carta, vostede apreciara algún tipo de descortesía dirixida á súa persoa, nada mais lonxe das miñas intencións  pero, debo confesarlle, que é a primeira vez que me dirixo a unha persoa do seu “rango” e “abolengo”; comprenda que un humilde plebeio como son eu non está acostumado a falar con membros da nobreza e, menos aínda, con todo un marqués, que é o titulo que vostede  ostenta, sen lugar a dubidas, con todo merecemento.
Pero o motivo desta misiva non é na súa condición de Marques de Figueroa, senón  como presidente e cabeza visible da Denominación de Orixe “Rias Baixas” e por unha  información aparecida, fai algo mais dunha semana, na prensa na que o órgano que vostede  preside manifestaba as súas intencións de que se reducira o horario das casetas da Calzada durante a FESTA DO ALBARIÑO e  que, a hora de peche de ditas casetas, pasara a ser as 12 e media da noite, alegando que non querían que se vendera viño mais alá de esa hora para evitar que  se convertera “nun botellón xuvenil”.
Confesareille  que, cando lin ditas declaracións, o primeiro que pensei foi que se trataba dunha broma;  posteriormente, intentando poñerme no seu lugar e cargo, pensei que como Presidente da D.O “Rias Baixas” unha das súas obrigas é coñecer, en  toda a súa extensión, o produto que representa e que foi, quizais, soamente iso: que un “exceso de profesionalidade” fixera que se lle subira a cabeza e tivera esa idea máis propia de “bombero torero” que de alguén que debe velar por un produto e pola Festa que mellor o representa.
Ademais hai unha serie de interrogantes que, a bote pronto,  se me ocorreron cando coñecín tan absurda proposta e, perdóeme, sr. Gil si  lle ofendo ao tachala de “absurda” pero soamente alguén cunha ignorancia supina ou que non coñece a especial idiosincrasia da Festa do Albariño podería propoñer tal medida.
Como lle dicía hai unha serie de interrogantes que se me ocorren, o primeiro  expóñollo a continuación:


Dentro de dous escasos meses vostede fará  seis anos que accedeu a Presidencia da DO “Rias Baixas” e a pregunta  é inevitable ¿Cómo é que tan “brillante” idea non se lle ocorreu antes? ¿Por exemplo nos anos 2012, 2013 ou 2014,   anos nos que a afluencia de publico a FESTA DO ALBARIÑO era similar á actualidade? Anos nos que, unha vez rematada a Festa, un dos que valores que mais poñía en alza o, entón, alcalde Luís Aragunde, para sinalar o éxito da mesma era o alto numero de botellas vendidas; algo que non sería posible si se pecharan os stands da Calzada á hora que vostede quere propoñer. ¿Por qué agora si e antes non, Sr.Gil?,   encantaríame saber a resposta.
Pero volvamos a afirmación inicial e que é, tamén, o gran interrogante de porque queren pechar os postos  a unha hora tan ilóxica.
O motivo ou, máis ben, a escusa que  propoñían para pechar a dita hora como se sinalaba anteriormente era “non queremos que se venda viño da nosa denominación mais alá das doce e media para non promover o botellón xuvenil”
 Mire  SR. Juan Gil:  eu comprendo que ala, a finais do século XVII, que foi cando naceu o marquesado de Figueroa, a inmensa maioría do pobo era analfabeta e ignorante e a palabra dos nobres pesaba moito e  “iba a misa” pero, mais de 3 séculos despois, non queira tomar ao pobo de Cambados por parvos e non nos veña con razóns que non se cree nin vostede mesmo; calquera que coñeza a Festa sabe que un  sábado do Albariño á unha ou as dúas da maña, nos postos da Calzada non atopará “chavalada de botellón” porque os botellóns (que existen e, iso, ninguén o nega) atópanse en outros sitios e lugares e, sobre todo, non recorren, na inmensa maioría, as casetas da festa para abastecerse; ¿sabe cal é o seu problema, Sr. Gil? que vostede non se mestura coa plebe; si un dia decidira, de verdade, mesturarse  co “populacho”, comprobaría que, o que, realmente, atoparía na Calzada á hora que pretende pechar é a verdadeira, a autentica, a xenuína esencia da FESTA DO ALBARIÑO: “pandillas” e “peñas” de matrimonios de 30, 40, 50, 60 ou, incluso, 70 anos que xa son parte da historia viva da Festa; xente de grupos como UNHA GRANDE CHEA, CHEJAR E ENCHER ou NBA (Nunca Bebas Agua) por dicir soamente algúns.
Calquera que coñeza  a Festa do Albariño, sabe que o venres ou o sábado hai en Cambados, polo baixo, entre 50.000 e 70.000 persoas polo que tal medida sería, simplemente, ir contra a propia festa e, ademais, a propia afirmación de que “non queremos que se venda viño da Denominación  a partir das 12 e media” é, simplemente, absurda porque, aínda que tal proposta, saíra adiante no caso das casetas, a pregunta seguinte seria ¿prohibiríalle tamén aos bares, restaurantes e lugares de viños que teñen albariño que a partir de tal hora tamén deixaran de servilo? ¿Iria vostede, Sr. Gil, a bares como  o “LAYA”, “A DE LUIS”, “A FONTE DO VIÑO” ou o “VELVET” algúns dos cales, teñen hasta oito marcas distintas da denominación de orixe RIAS BAIXAS a prohibirlles a venta? A resposta é ben sinxela, pois claro que non.
Despídome solicitándolle un mínimo de cordura,  que recapacite e desista de tan aloucada idea; pódolle garantir que non se lle caeran os aneis por convocar unha roda de prensa e dicir unhas palabras do estilo: “LO SIENTO MUCHO, ME HE EQUIVOCADO Y NO VOLVERA A OCURRIR”; esas mesmas verbas as  dixo, non xa un marqués senón todo rei, cando tras un cacería de elefantes, sóubose que atopábase en compañía dunha bela doncela; no noso caso, estimado e nobre cambadés, non hai elefantes aínda que, algún si semelle levar unha trompa e das gordas.
                         
SAUDOS DUN HUMILDE VASALLO          
       
RICARDO DOMINGUEZ REY


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.