Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de abril de 2018

GUADI GALEGO, PRIMEIRO CONCERTO CONFIRMADO DO ALBARIÑO 2018


A artista galega Cuadi Galego ven de ser confirmada como unha das actuación da LXVI FESTA DO ALBARIÑO.
Actuará o xoves 2 de agosto na plaza de Fefiñáns.
Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta no 2016 O MUNDO ESTÁ PARADO o seu terceiro traballo como solista tras o álbum BENZÓN (2009) e LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (2014)
A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.
O MUNDO ESTÁ PARADO (FOL Música, 2016) está conformado por 10 temas: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce de novo como produtor musical. A primeira e limitada edición do disco, á venda desde o 4 de novembro de 2016, foi unha tirada de 1.000 vinilos, esgotada en apenas un mes.

Un son envolvente con arrecendo pop que garante potentes directos, unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

A BANDA

GUADI GALEGO, voz e piano faise acompañar nos seus concertos por ISAAC PALACÍN na batería e percusión, GUILLERME FERNÁNDEZ á guitarra, o vilanovés PACO CHARLÍN no baixo e do ribadumiense CARLOS ABAL na guitarra


Ese mesmo día actuará tamén Ana Bacalhau, a recoñecida voz de Deolinda (grupo de música tradicional portugués), que decidiu emprender agora a súa carreira en solitario. En Fefiñáns presentará o seu primeiro proxecto, titulado Nome Propio, no que dá voz a temas propios e a outros doutros autores.

A polifacética vocalista dos Deolinda, Ana Bacalhau, estreouse en solitario e o tema ‘ Ciúme’, composto por Miguel Araújo é a carta de presentación do seu primeiro álbum que leva por título “Nome Próprio” e que saleu á venda en outubro. “Nome Próprio” ten tamén composicións de Samuel Úria, Jorge Cruz , Nuno Prata, Afonso Cruz, Nuno Figueiredo, Capicua, Márcia, Carlos Guerreiro e Francisca Cortesão. A propia Ana Bacalhau é autora das letras de ‘ Eu’ e ‘Menina Rabina’ e da letra e música do tema ‘ Deixo-ir’. Ana Bacalhau Antonio Zambujo e João Monge compuxeron o tema ‘Dama dá Noite’, unha canción extra que aparece na edición especial do álbum. O álbum foi producido por João Blesa e Ana Bacalhau e foi gravado nos estudos de Abbey Road. ‘Ciúme’ é un tema pop na liña habitual de Miguel Araújo e foi presentado con este videoclip realizado por Sérgio Rosário e Igor Fioravanti.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.