Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de abril de 2018

LUIS ARAGUNDE, O ULTIMO “INFLUENCER” DO MUNDO VIRTUAL CAMBADES





En máis dunha ocasión temos falado aquí da importancia que, co tempo,  foron gañando as redes sociais na sociedade cambadesa como unha ferramenta de consulta, opinión e un eficiente  termómetro para tomarlle o pulso á actualidade do noso pobo.
Do mesmo xeito  xa temos comentado que,  dos últimos, en subirse a este mundo virtual  foron os nosos “amigos” da dereita que, únicamente, comezaron a facer acto de presenza no mesmo cando perderon a alcaldía e blogs progresistas como Cambados.tk, A ti meu Cambados ou Cores de Cambados xa levaban tempo contando a “vida e obra” de personaxes coma Tourís, Louzán ou Luís Aragunde.    
Precisamente hoxe vamos falar deste ultimo, Luís Aragunde, quen, fai cousa de pouco menos dun ano, acabou comprendendo da importancia  de existir nas redes sociais e, para alegría de moitos (eu o primeiro), decidiu abrir un perfil en Facebook.
Debo confesarvos, queridos amigos, que unha das cousas que fago cada dia é entrar no muro de Facebook do ex alcalde  para ver con que cousa nos sorprende e, si ben, na maioría das ocasións, o susodito non da moito de si, houbo un par de ocasións que merecen ser comentadas como faremos mais adiante pero antes fagamos unha breve  cronoloxía.
Como sinalabamos anteriormente foi,  fai menos dun ano, en concreto, a comezos de xuño de 2017,  cando Aragunde abriu o seu perfil en Facebook e, si ben, os seus comezos foron tímidos, colgando cousas como enlaces a noticias de prensa ou os horarios e  fotos das procesións de San Benito ou San Roque (algo lóxico nun home católico e fervente crente como é), pouco a pouco e, co paso do tempo, comezou a soltarse para amosarnos   unha faceta mais intimista, pasando a poñernos fotos dos seus pratos gastronómicos favoritos (destacando a súa preferencia polas zamburiñas), pratos que supoñemos se pagará do seu peto a diferenza de cando era alcalde que lle pasaba a conta ao consistorio (e así, cando perdeu a alcaldía, deixou os “pufos” que deixou); xunto a isto tamén amosaba facetas da súa vida cotián, coidadosamente medidas e  intentando facelas pasar como algo espontáneo, como cando aparecía, correndo sobre a cinta do ximnasio ou presenciando un partido de fútbol no bar do Pósito co seu pai e con Moncho “Camarero”, todo encamiñado a dar unha imaxe de humildade e de proximidade co “populacho” e para que, por exemplo, non se falara tanto do que é en realidade e que non é outra cosa que, un privilexiado e un parásito (a partes iguais)   da política, alguén que “non rasca bola” pero que cobra un soldo similar ao dun ministro (mais de 61.000 euros anuais) e que, en catro anos de lexislatura na Deputación, tocándose os “cataplines”, vaille custar a tódolos pontevedreses mais de 40 millóns das antigas pesetas.
Chegados a este punto, antes de seguir e dado que coñezo moi ben aos meus detractores, sei  que estarán pensando cousas do estilo: “¿pero que carallo estás a falar ti, Canario, si poucos hai mais activos nas redes sociais ca ti?”  e terían toda a razón pero hai dúas razóns fundamentais que me diferencian de Aragunde: a primeira que eu non son un político que busca un “lavado de cara” pensando nas  eleccións municipais do próximo ano, onde se xoga o seu futuro, político e profesional, e que, por tanto, ten que buscarse todas as maneiras posibles de gañarse ao electorado, e as redes sociais non deixan de ser  unha vía máis; a segunda razón é que eu amósome nas redes sociais exactamente como son; os que teñen a desgraza de coñecerme persoalmente poden asegurar que a imaxe que proxecto non difire, en absoluto, do meu carácter  en vivo i en directo, mentres que, os que podemos presumir un pouco de coñecer a Aragunde, sabemos que esa imaxe que intenta dar a través da rede social de Mark Zuckerberg é, sinxelamente, puro e simple “postureo”.
Por certo hai unha cousa que me chama, poderosamente, a atención analizando o muro virtual de Aragunde e que, sen dubida, daríalle moitos puntos ao seu favor i é que, hasta agora, incomprensiblemente, non colgou ningunha foto coa súa parella sentimental;  eu podería entender que si Aragunde estivera saíndo cun “orco” que levara unha perna de pau, con mais chepa que un camelo ou que fora mais fea que pegarlle a un pai, pois, seria hasta comprensible que quixera tapala pero, neste caso, nada mais lonxe da realidade: a parella sentimental de Aragunde é unha muller ben bonita, cuns ollazos azuis que lembran ao mar de Arousa nun bonito dia  de primavera; ademais no manual non escrito do perfecto político pepero que Aragunde debería coñecer, saír acompañado da túa esposa, noiva, parella etc. é case norma da casa e tódolos grandes lideres espirituais do seu partido sempre cumpriron con esa norma ¿quen non garda na súa retina a Aznar acompañado da Botella, Rajoy fotografado coa súa esposa Elvira, (“Viri” para os mais achegados) e, incluso, nos reportaxes do NO DO era habitual que Franco saíra acompañado por Carmen Polo, tamén coñecida como  “La Collares”. ¿Por qué Aragunde non aproveita o tirón que, sen dubida, daríalle amosarse coma un home, sensible, romántico, namorado e do brazo da súa amada? Quizais a pregunta do millón, entón, seria ¿podemos falar dunha crise de parella? ¿pasará, Aragunde, a engrosar a cotizada lista dos solteiros de ouro cambadeses? Como diría o Jorge Javier de “Salvame” : “¡que fueeeeeeerrte”.
Como dicía ao comezo, as publicacións en Facebook de Aragunde non dan moito de si pero hai un par delas que merecen que as analicemos detalladamente; a primeira foi un post no que, con motivo do ingreso da súa señora nai no Hospital do Salnés, aproveitaba  para falar da gran profesionalidade dos enfermeiros, médicos e demais persoal do centro e, por extensión, da Sanidade Pública Galega; o post non tería maior importancia si non fora que o colgou nunha época, que moitos lembraredes, de protestas por parte do persoal de dito Hospital, protestas apoiadas  polos partidos políticos da oposición e debidas as intencións, dende a Xunta, de reestruturación da areas sanitarias galegas que, na práctica, facía que o Hospital do Salnés perdera peso, pasando a depender da Area sanitaria de Pontevedra; pois ben, como dicía, aproveitar a enfermidade dun familiar para mandar unha mensaxe cun marcado carácter político por cando foi feito non deixa en boa posición ao suposto candidato popular á alcaldía de Cambados.  Por certo quero aproveitar a ocasión, e isto dígoo co corazón na man, para manifestar os meus mellores desexos para Don Laureano e Doña Maruja, pais de Luís Aragunde, e que se haxan recuperado, totalmente, dos seus achaques de saúde ….. que eu non comparta os ideais políticos do seu fillo non ten que ver, en absoluto, para que os seus proxenitores teñan todo o meu respecto.
O segundo post de Aragunde  que quería mencionar e que, probablemente, sexa do que máis se ten falado hasta agora é aquel, no que, co móbil na man e coma si fora unha especie de  reporteiro, entrou gravando no Concello e preguntando pola alcaldesa e polos concelleiros e, ante a ausencia dos mesmos, criticar que non estiveran nos seus postos de traballo; si algún, aínda, non veu o  vídeo, recoméndolle que entre no muro virtual de Aragunde e que lle bote unha ollada porque paga a pena ver como bufa Luisiño tras subir as escaleiras da casa consistorial, despois de que lle avisaran de que ese  era o preciso momento para entrar a gravar porque, sinceramente, non fai falta ser un experto para darse conta de que todo estaba perfectamente planificado e, para nada, foi un acto espontáneo e para elo hai que entender este feito dentro do contexto no que se produciu:
Uns días antes estivera en Cambados o presidente provincial do PP, Alfonso  Rueda para tratar, coas agrupacións locais, a estratexia a seguir para recuperar as alcaldías perdidas de cara ás municipais do 2019; estratexia que pasa por montar “shows” (como o anteriormente descrito)  para intentar desacreditar a labor de goberno; o resto da “película” é fácil de supoñer…….. o “dia de autos” Luisiño estaba esperando preto do Concello, por exemplo, nun bar tomando, tranquilamente,  un café, hasta que, algún dos traballadores do Concello, que aínda lle son leais chamouno cando Fátima estaba a facer unhas xestións fora do Concello e Caamaño saíra , un momento, ao banco; entón, foi, nese momento, cando Aragunde, coa cámara na man, monta a historia coñecida por todos; dende logo si, o próximo  ano, Aragunde non recupera a alcaldía de Cambados eu recomendaríalle que lle pedira traballo ao cineasta Juan Galiñanes porque como axudante de cámara non tería prezo (e mais pensando que non creo que o PP Provincial estea pola labor de telo outros catro anos mais cobrando 61.000 euros anuais a conta da Deputación).
Por certo esta historia amosa hasta que punto pode chegar a ser  hipócrita Aragunde e o partido a que representa porque, soamente, chega con recordar  que, durante os anos que gobernou o PP en Cambados, había un funcionario que cada dia, as once e media da maña marchábase a tomar os viños a Sisán e non volvía hasta as dúas da tarde; despois,  para recuperar esas horas perdidas, ia pola tarde ao concello a, presuntamente, traballar para, acabar quedando durmido sobre a mesa; pois ben, como dicía, non recordo que, con ese funcionario, nin Tirado, nin Tourís nin, moito menos, Aragunde se presentaran na súa mesa, cando estaba  ausente, para deixar constancia co móbil …… así que, Luisiño, leccións de ética laboral as xustas.


Seguiremos pendentes para ver con que novas publicacións nos sorprende Aragunde e, si acepta consellos, eu, humildemente, daríalle un: que fora, mínimamente, valente e non borre os comentarios que lle son críticos e que conste que non falo por min (que xa me ten borrado algún a pesar de estar expresados coa máxima corrección)  pero, sen ir mais lonxe, nun post, de fai un par de días, no que o ex alcalde criticaba o estado dunha farola, unha persoa, moi coñecida en Cambados, con mobilidade reducida criticáballe que dos adoquins (postos durante o goberno popular) non dixera nada e desexándolle que non fora o candidato do PP ás próximas municipais; pois ben ¿queredes saber cal foi a reacción de Aragunde a ese comentario? ¿intentar preocuparse pola situación desa persoa con minusvalía? Pois non, simplemente borrou o comentario …. Iso si, despois, non perde ocasión de fotografarse con Merchi  Álvarez manifestando todo o que a apoia na súa loita…. Eu non sei pero para min iso ten un nome: HIPOCRESIA
UN SAUDO A TODOS
                          RICARDO DOMINGUEZ REY







Imaxes sacadas de Facebook, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e arquivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.