CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta ACCIDENTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACCIDENTES. Amosar todas as publicacións

16 de febreiro de 2018

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE NO BREXO









Eran cerca da 1 e media da noite cando se producía un accidente na Avenida de Castrelo, pouco despois da curva do Brexo dirección Castrelo.



No suceso víronse implicados tres vehículos. A consecuencia do choque unha rapaza veciña de Cambados de 20 anos resultou ferida i evacuada ao Hospital do Salnés, con feridas leves.
Ao parecer o vehículo conducido pola moza saeuse da calzada batendo contra outros dous turismos aparcados e sin ninguén no interior.

Na intervención colaboran a Garda Civil de Cambados, Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados , Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do 061 e Bombeiros do Salnes.






9 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS AO SEU PASO POR CAMBADOS












Tres feridos nun accidente na Autovía do Salnés en Cambados. Polo menos tres vehículos implicados e 2 feridos confirmados. O sinistro tivo lugar as 14:20 desta tarde.
Dous accidentes en un
Minutos despois das 2 e cuarto da tarde un vehículo, Renault Clio conducido por R.C.B. veciña de Meis de 28 anos colidía lateralmente ao invadir o carril contrario contra o vehículo Ford Focus ocupado por O.S.C. e o seu fillo de Cambados.
A conductora do Focus sufre de dor cervical, lumbar e dorsal. A cambadesa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros sendo trasladada pola ambulancia do 061.
O segundo accidente prodúxose polo despiste dos conductores cando, desatendendo á circulación, miraban para o primeiro incidente.
Foi un choque por alcance. A conductora do Corsa foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil. O ocupante do Puegeot saleu ileso.

Nestes intres están sendo atendidas no H. do Salnés.



Na intervención colabora a Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Ambulancia do 061, Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes. 






6 de febreiro de 2018

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE NA ROTONDA DA ILLA












Unha saída de vía na rotonda da Illa sáldase con tres mozos feridos.

Esta tarde sobre as 14:50 hrs. da tarde, producíase un accidente na Illa de Arousa, concretamente na rotonda de entrada despois da Ponte, no que resultaron feridos tres mozos de 21, 20 e 17 anos de idade de Madrid, Carril e Valga.
Os mozos resultaron feridos en mans e pernas ao saír do vehículo cos cristais e restos do coche.
Foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil de Cambados que colaborou no dispositivo coa Policía Local de A Illa e a Garda Civil de Tráfico.





19 de xaneiro de 2018

UNHA MULLER FERIDA TRAS BATER NELA UN BOLARDO ARRANCADO POR UN COCHE












Unha muller resultou ferida de consideración esta mañá en Cambados (11:30hrs) tras recibir o impacto dun bolardo contra o que previamente chocara un turismo.
Os feitos sucederon ás 11.30 horas na Rúa Real, xunto a praza de Fefiñáns. Un vehículo golpeou un dos bolardos metálicos que separan a zona de circulación dos vehículos e a área peonil, e este saíu disparado batendo na muller. O bolardo golpeou nas costas a unha muller de 67 anos, P. P. C. Protección Civil de Cambados explica que a muller foi atendida por unha ambulancia do 061, que a trasladou ao Hospital do Salnés. Queixábase de dor lumbar e cervical.

Nun primeiro momento ao CIAE-112 chegara o aviso dun atropelo.
Participaron no efectivo o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, a Policia Local de Cambados e a Ambulancia do 061.







17 de xaneiro de 2018

INVESTIGADO POR NEGARSE AO CONTROL DE ALCOHOLEMIA TRAS TER UN ACCIDENTE EN CAMBADOS













Un home de 33 anos e iniciais J. M. M. G. está a ser investigado penalmente por un presunto delito contra a seguridade viaria ao negarse a someterse a un control de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico esta madrugada en Cambados, informou a Garda Civil. O accidente produciuse sobre as 5.00 horas na PO-550, en Cambados, concretamente en Castrelo. O home sufriu unha saída de vía e chocou contra un farol. Unha das rodas do seu coche saíu disparada e impactou contra outro vehículo que conducía unha muller, M. P. F., de 46 anos, que resultou ilesa, aínda que tivo que ser atendida polos servizos de emerxencias por un ataque de ansiedade. Segundo informa a Garda Civil, o individuo negouse a facer a proba de alcoholemia, e dado que o atestado indica que o home presentaba signos evidentes de estar ebrio, investígaselle penalmente. Ademais, o pai do condutor investigado presentou unha denuncia contra o seu fillo no cuartel da Garda Civil de Cambados por un incidente previo na súa casa no que se produciu unha agresión verbal durante unha discusión familiar.







16 de xaneiro de 2018

UNHA COLISIÓN ENTRE DOUS VEHÍCULOS SÁLDASE CON CATRO PERSOAS FERIDAS, DÚAS DELAS MENORES, NA ILLA DE AROUSA









Un choque entre dous turismos deixou a catro persoas feridas, das cales dúas eran menores de idade, na Illa de Arousa. O accidente produciuse ás dúas desta tarde na PO-307 á altura do punto quilométrico 3.
Foron os axentes da Policía Local quen deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir asistencia. Deste xeito, acudiu ao lugar un equipo de Urxencias Sanitarias que se encargou da evacuación dos feridos, entre eles dous cativos.
Segundo explicaron os efectivos da Policía Local, as persoas estaban liberadas e accesibles, polo que non foi necesaria a intervención dos bomberos. Non obstante, si tiveron que intervir os membros do servizo de limpeza e mantemento da vía para a retirada dos danos provocados polo impacto e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.

O Servizo de Emerxencias do Concello Cambados acudeu ao accidente. Na intervención colaborou a Ambulancia do 061, Policia Local da Illa de Arousa e Garda Civil de Tráfico.




12 de xaneiro de 2018

APARATOSO ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS









Un adiantamento indebido provocou está mañá un aparatoso accidente na vía rápida que comunica Cambados con Ribadumia, no que se viron implicados tres vehículos, un dos cales se deu á fuga, e dúas persoas resultaron feridas. Segundo o servizo de emerxencias, a causa foi un adiantamento indebido dun dos turismos, un Mazda, que circulaba en sentido Pontevedra e invadiu o carril contrario para adiantar a unha furgoneta. O vehículo que viña de fronte, polo carril en dirección Cambados, tivo que saírse da estrada para evitar o impacto pero na manobra acabou chocando coa furgoneta. O condutor do coche que presuntamente provocou o accidente realizando o adiantamento deuse á fuga. Os ocupantes dos outros dous vehículos implicados resultaron feridos. Os dous feridos, un veciño de Cambados de iniciais B. P.V de 55 anos, e o outro veciño de Marín, S.V. L, de 38 anos, foron trasladados ao Hospital do Salnés con rasguños e dores cervicais. Ata o punto trasladáronse dotacións da Garda Civil de Tráfico, do 061 e das agrupacións de Protección Civil de Ribadumia e Cambados.







16 de decembro de 2017

4 FERIDOS NUN ACCIDENTE EN VILANOVA








Arquivo



Unha colisión na que se viron implicados dous coches esta tarde en Vilanova de Arousa saldouse con catro persoas feridas. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.
O sinistro produciuse na PO-302, á altura da parroquia de Caleiro. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 15:25 horas, a través da alerta dun particular. Sinalaba que un vehículo implicado impedía a circulación.
Acto seguido, dende o CIAE puxéronse os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Salnés, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.




20 de novembro de 2017

MOTORISTA FERIDO EN BARRANTES











Un motorista resultou ferido despois de colidir un coche e unha moto que circulaban pola Rúa Cruceiro Vello, en Barrantes, no termo municipal de 

Ribadumia. Ás 12:00 horas, un particular solicitaba asistencia sanitaria para o motorista. A partir de aí, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario e informouse á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil de Ribadumia. 






16 de novembro de 2017

ACCIDENTE LABORAL EN FEFIÑÁNS










Un operario do Concello de Cambados resultou ferido nun accidente laboral esta mañán en Fefiñáns.
O operario atopábase facendo labores de poda, habitual nestas épocas do ano, nas árbores que hai na Plaza de Fefiñáns. Ata agora esta é a información que temos, cando haxa novedades daremos conta das mesmas.

Última hora
Ao parecer o traballador sufreu un ataque epiléptico cando cumplía a xornada laboral facendo traballos comunitarios para o Concello de Cambados.
Foi trasladado por unha ambulancia a un centro asistencial pero non parecía en principio de maior gravidade.





11 de novembro de 2017

UN FERIDO AO ENVORCAR UN TRACTOR E UN FERIDO AO CAER DA BICICLETA







Unha persoa ferida en Meaño ao envorcar un tractor
Un accidente de tractor deixa unha persoa ferida, en Meaño. A máquina envorcou na estrada que vai a Dena, no lugar de Paradela, na parroquia de Lores. 
Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 ás 17:00 horas desta tarde. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias infiormou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Salnés. A situación tamén foi posta en coñecemento do GES de Sanxenxo e da Garda Civil de Tráfico. 
Aínda que nun momento se pensou que a vítima quedara atrapada, finalmente non houbo que practicar ningunha excarceración. 
Caída de bicicleta
No Grove, mentres, unha  persoa resultou ferida tras caer da súa bicicleta. O sinistro tivo lugar preto de Ardia, na estrada xeral. 
Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia, ás 13:45 horas desta tarde. Decontado, o persoal do CIAE puxo a situación en coñecemento do 061, dos Bombeiros do Salnés, do GES de Sanxenxo, de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. 





31 de agosto de 2017

ACCIDENTE CON UN FERIDO EN VILARIÑO










Un motorista resultou ferido esta mañá despois de colidir a moto conducía contra un turismo, no lugar de Vilariño, no concello pontevedrés de Cambados. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 10:50 horas, grazas a un particular que chamou para pedir axuda. 
Solicitaba asistencia para o motorista que estaba tendido no chán, na Rúa Sineiro. Así, decontado, dende o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e informouse aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.  Os Bombeiros do Salnés tamén foron informados.

O ferido resultou ser J.M.V.B. de 77 anos que foi derivado ao Hospital do Salnés.







25 de agosto de 2017

ACCIDENTE GRAVE EN SANXENXO E OUTRO LEVE EN CAMBADOS








Unha colisión entre tres vehículos, rexistrada esta tarde en Sanxenxo, deixa dúas persoas feridas. Unha das vítimas quedou atrapada no interior do seu vehículo. Tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia.
O sinistro tivo lugar no quilómetro 20 da VG-4.1, preto da saída de Noalla, en dirección O Grove.
Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 14:20 horas desta tarde. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros do Salnés, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. Ademais, tamén se informou ao Servizo de Emerxencias Municipal de Sanxenxo e á Garda Civil de Tráfico.

O ferido de maior consideración foi o condutor dun dos vehículos, no que viaxaba só, ao quedar atrapado e necesitar a intervención de Emerxencias Sanxenxo e Bombeiros do Salnés para liberalo, cortando o teito do coche, antes de proceder á súa evacuación. Segundo os servizos de emerxencias o home permaneceu consciente en todo momento.
No outro turismo viaxaban dúas persoas máis, que tamén foron trasladas ao hospital polos efectivos de Urxencias Médicas.
A aparatosidade do choque obrigou a cortar a Vía Rápida do Salnés na súa totalidade, habilitando desvíos para o tráfico rodado por estradas secundarias. Este corte mantívose ata as 17:00 horas aproximadamente debido aos labores de limpeza da calzada.
Por outra banda en Cambados pouco antes das sete da tarde tivo lugar outro accidente no que se viron involucrados unha moto e un coche.
O suceso tivo lugar na rúa o Pombal no que colidiron os dous vehículos sen lamentar danos de consideración nos ocupantes dos mesmos.
O conductor da moto presentaba feridas leves e non foi trasladado polos servicios médicos a ningún centro asistencial. 




PROTECCION CIVIL DE CAMBADOS ACODE A UN ACCIDENTE CON TRES FERIDOS












Tres persoas resultaron feridas –de carácter leve- ao colidir tres turismos que circulaban pola PO-549, en Vilanova de Arousa. Aínda que nun primeiro momento, o alertante que chamou ao 112 Galicia para informar do suceso, ás 09:30 horas, indicou que non había feridos, solicitou igualmente, asistencia para unha muller que sufrira unha crise de ansiedade.
Por iso, decontado, pasouse a alerta ao persoal sanitario. Ademais, informouse dende o CIAE aos axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros do Salnés e a Protección Civil da localidade e de Cambados.
Finalmente, a muller e os dous mozos feridos rexeitaron a asistencia sanitaria. 




22 de agosto de 2017

PROTEECION CIVIL DE CAMBADOS ATENDE DOUS ACCIDENTES CON FERIDOS











Unha colisión rexistrada esta tarde en Vilanova de Arousa, na que se viron implicados tres vehículos, deixa unha persoa ferida. Segundo se lle indicou ao 112, o seu estado non reviste gravidade.
O accidente produciuse na estrada que conecta Cambados coa Illa de Arousa, á altura dun concesionario de vehículos. Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 17:05 horas desta tarde.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Cambados.
Unha muller resultaba ferida na tarde deste martes ao sufrir un accidente de tráfico en O Río, en Corbillón. Segundo informan os servizos de emerxencias, trátase dunha veciña deste concello que tivo que ser trasladada ao Hospital do Salnés a través dunha ambulancia do 061 con dor cervical. Tamén tivo que ser atendida por atoparse moi nerviosa.
Este último accidente tivo lugar arredor das 4 da tarde.





12 de agosto de 2017

UN APARATOSO ACCIDENTE SÁLDASE CUN FERIDO











Sobre as 10.30 horas desta noite do venres 11 producíase un accidente de tráfico entre un turismo e unha motocicleta no Ribeiro, Corvillón, no municipio de Cambados. Un home de 63 anos, veciño deste concello, resultaba ferido con dores no costado esquerdo e unha brecha na cella dereita. 
Os servizos do 061 trasladaron ao home ata o Hospital do Salnés para unha exploración detallada e o tratamento das feridas.
Segundo informaba Protección Civil de Cambados ata o lugar trasladáronse membros desta agrupación, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Atestados. 




9 de xullo de 2017

RAFAEL LOUZÁN FERIDO NUN ACCIDENTE. UNHA MULLER E A SUA NETA TAMÉN FERIDAS ESTA MAÑÁN









O presidente da Federación Galega de Fútbol e expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sufriu un grave accidente esta fin de semana, ao caerse da bicicleta na que facía deporte mentres circulaba.

O tamén expresidente do PP provincial perdeu o control do seu vehículo por causas que se descoñecen e sufriu un forte impacto á altura do rostro, o que lle provocou polo menos unha fractura que precisou de intervención.

Efectivos sanitarios trasladáronlle ao hospital Quirónsalud Domínguez de Pontevedra, de onde foi derivado ao hospital vigués de Fátima para ser tratado por especialistas.

As primeiras noticias apuntaban a un accidente de gravidade, pero posteriormente confirmouse que a vida do político de Ribadumia non corre perigo.

No accidente de Rafael Louzán non se viron implicados vehículos nin tampouco ningún outro ciclista. Ao parecer, o presidente da Federación Galega de Fútbol circulaba só no momento do sinistro.


Por outra banda unha muller e un seu bebé foron trasladados esta mañá por precaución a un centro hospitalario tras sufrir un accidente de tráfico, en Ribadumia.
O vehículo no que viaxaban as vítimas envorcou na estrada que conecta Ribadumia con Barrantes, á altura de Leiro.  Os efectivos de emerxencia sacaron do coche accidentado ao pequeno e tiveron tamén que axudar a saír á muller.
Ás 9:45 horas, unha persoa particular deu conta dos feitos ao 112 Galicia.  Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.



Fonte: Diario de Pontevedra e Axega 112







1 de xullo de 2017

UN HOME FERIDO AO SER ATROPELADO EN CAMBADOS












Un home de avanzada idade de iniciais F.G.V., resultou ferido esta mañá tras ser atropelado por un turismo no paso de peóns dos Catro Camiños, en Cambados. Urxencias Médicas daba conta do acontecido ao 112 Galicia, ás 11:45 horas. A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 requiriuse a intervención da Policía Local e de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Ribadumia foron informados. Unha vez no punto, os axentes solicitaron ao persoal do 112 asistencia sanitaria para unha das ocupantes do turismo. 

Segundo informaron fontes municipais o ferido presentaba un traumatismo nunha perna e foi trasladado ao un centro sanitario.








22 de xuño de 2017

DOUS FERIDOS EN SENLLOS ACCIDENTES NA COMARCA ESTA TARDE












Un garda civil, ferido nunha colisión na Illa de Arousa
Un axente da Garda Civil resultou ferido esta tarde nun choque entre a moto na que circulaba e un turismo. A vítima, que no momento do sinistro estaba fóra de servizo, foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.
O accidente produciuse na PO-299,  na rotonda de acceso á Illa.
Unha persoa particular alertou da situación ao 112 Galicia ás 16:30 horas desta tarde. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e á Garda Civil de Tráfico.
Accidente en Meis
Ademais, en Meis, unha muller resultou ferida despois de que o coche sen carné co que circulaba batese contra un poste.
O sinistro tivo lugar na estrada que conecta Pontenova con Cambados, preto do Mosteiro. Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia ás 16:50 horas desta tarde para explicar o ocorrido. Dende a central de emerxencias alertouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.





16 de xuño de 2017

UN FERIDO TRAS UN ACCIDENTE EN TRAGOVE








Esta noite, pouco despois da 1 da madrugada, na pista que vai do porto Tragove a Corvillón rexistrouse un accidente de tráfico co saldo de un ferido. J. C. L. C., de 52 anos e veciño de Cambados. O home bateu soa cabeza na  luna do vehículo. Foi evacuado ao Hospital do Salnés polo 061 medicalizado, cunha importante brecha na cabeza, segundo informaba Protección Civil de Cambados. O vehículo chocou contra un poste do tendido que provocou a caída dun cable de telefonía que impedía o paso de vehículos e que quedou suxeito de forma provisional por parte dos servizos de emerxencias de Protección Civil de Cambados.