Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta ALERTAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALERTAS. Amosar todas as publicacións

17 de abril de 2018

ALERTA LARANXA POR FENÓMENOS COSTEIROS


O episodio comezará mediodía no litoral da Coruña, e irase estendendo a Pontevedra e Lugo
A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir de mañá en todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía de mañá, martes 17, haberá mar combinada do Oeste e Noroeste, con ondas de 5 a 6 metros no litoral da Coruña. A primeiras horas da tarde a alerta laranxa activarase tamén na costa de Pontevedra e, xa na madrugada do día 18, chegará tamén á Mariña lucense.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



10 de abril de 2018

OUTRO TEMPORAL ACTIVA A ALERTA LARANXA EN TODO O LITORAL GALEGO



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste mediodía en todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste martes haberá mar combinada do oeste de 5 a 6 metros, que poden acadar os 6-7 metros en Fisterra.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



2 de abril de 2018

UN NOVO TEMPORAL ACTIVA A ALERTA LARANXA EN PONTEVEDRA E CORUÑA




A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir de mañá no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste martes haberá mar combinada do oeste de 5 a 7 metros e vento do suroeste de forza 7 e 8. Está previsto que o aviso de nivel laranxa se estenda á costa de Lugo a partir da madrugada do mércores 4.
Ademais, desde hoxe estará activa a alerta amarela por vento en distintas zonas de Galicia, que se irá estendendo ata afectar a meirande parte da comunidade durante a xornada de mañá. Na Mariña lucense, a alerta de vento será de nivel laranxa desde esta madrugada, onde se agardan refachos de ata 100 quilómetros por hora.
No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
Aviso laranxa por vento que iniciarase a primeiras horas da madrugada do día 03 e espérase que remita nas primeiras horas da noite do mesmo día, e que afectará a Lugo (A Mariña).
Aconséllase, ademais, consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




30 de marzo de 2018

A XUNTA ALERTA DE CRECIDAS E DESBORDAMENTOS EN VARIOS RÍOS DA COMUNIDADE




A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Organismo Augas de Galicia, informa, no último parte emitido, que segundo o sistema ARTEMIS de previsión de avenidas, espéranse un incremento dos caudais para os días 30 e 31/3/2018 superándose o caudal crítico nas bacias dos ríos Covo, Eume, Ouro, Landro, Mandeo, Mero, Ulla, Umia e Lerez. Polo que se espera o enchido dos cauces e algún desbordamento puntual a partir do mediodía de hoxe. 
En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA.
Lembren que deben adoptar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.




29 de marzo de 2018

A XUNTA ALERTA TEMPORAL DE NIVEL LARANXA COSTEIRO EN TODO O LITORAL GALEGO A PARTIR DESTA MADRUGADA




- Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.
- Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta madrugada.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta madrugada espérase temporal costeiro por vento do oeste ao suroeste rolando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden acadar pos 7-8 metros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. 
 



23 de marzo de 2018

SEIS FERIDOS E NUMEROSOS DESPERFECTOS TRALA CHEGADA DE "HUGO"



O primeiro temporal da primavera xa está connosco. Chámase Hugo e mantén ás catro provincias en alerta amarela por ventos superiores aos 80km/h.

En Castrelo, Cambados, varias casas, galpóns, comercios e mobiliario urbán víronse afectadas por un pequeno tornado. Ocurreu na zona de Xesteira.
En poucos segundos os veciños viron como un tornado facía voar os tellados, rompía cristais e derrubaba galpóns e muros de cierre. foron afectadas unha ducia de vivendas.

O servicio de Emerxencias do Concello de Cambados (Protección Civil) acudeu en axuda dos veciños


Catro persoas resultaron feridas esta tarde en Vilanova de Arousa, concretamente en San Simón, despois de que o coche no que circulaban chocase contra unha árbore caída na estrada. O accidente ocorreu na PO-531, concretamente no punto quilométrico 18,500, ao fío das 18.10 horas.
Nese momento, o 112 Galicia recibía a
alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias.
Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao servizo de mantemento da estrada.
En Raxó outro pequeno tornado fixo volcar varias embarcacións, nunha delas estaban duas persoas que tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario.



























14 de marzo de 2018

ALERTA POR CRECIDAS EN VARIOS RIOS GALEGOS. VOLVE A ALERTA LARANXA ESTA NOITE





A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Organismo Augas de Galicia, informa, no último parte emitido, que segundo o sistema ARTEMIS de previsión de avenidas, espéranse un incremento dos caudais para hoxe mércores 14 de marzo nas concas dos ríos Xallas, Sar, Umia, Lérez e Verdugo, esperándose o enchido dos cauces e algún desbordamento puntual a partir do mediodía de hoxe, e nas concas dos ríos Tambre, Umia e Lérez (un segundo enchido) a partir das 6:00 do día 15.
En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA.
Lembren que deben adoptar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.


ADVERSO COSTEIRO DE NIVEL LARANXA EN CORUÑA E PONTEVEDRA POR VENTOS DE FORZA 7-8 E MAR COMBINADA DE 5 M. A PARTIR DAS 14:00 H. DO 14/03/2018. BAIXA A NIVEL AMARELO VOLVENDO A NIVEL LARANXA A PARTIR DE PRIMEIRAS HORAS DO 15/03/2018




13 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA MAÑÁ A ALERTA LARANXA POR VENTO NAS CATRO PROVINCIAS







Acordouse suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectada
Tamén se activará a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña
A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento a partir da mañá na práctica totalidade das catro provincias.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da madrugada do mércores 14 de marzo haberá refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña; así como en zonas de Lugo (A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). No resto do territorio, a alerta por vento será de nivel amarelo.
Desde a madrugada do mércores tamén estará activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña, onde se agarda mar combinada do suroeste con ondas de 5 a 6 metros.
Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Ademais da alerta por vento, mañá tamén estará activa unha alerta amarela por chuvias en zonas da Coruña, Pontevedra e Ourense; e por neve por riba dos 1.200 metros na montaña de Ourense e Lugo.

Suspensión das actividades ao aire libre

Por outra banda, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores aos 100qm/h, nomeadamente as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares. 


9 de marzo de 2018

A XUNTA INSTA Á SUSPENSIÓN DAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO SÁBADO NA CORUÑA E PONTEVEDRA POR MOR DO TEMPORAL








A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.
No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior) esperándose que de comezo a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018 e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.
Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde do sábado 10 de marzo de 2018 nas provincias de Coruña e Pontevedra.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018.
A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es



MOITA PRECAUCIÓN ANTE A CHEGADA DA BORRASCA FÉLIX






Despois do temporal de neve que nos deixou Emma, Galicia agarda a chegada de Félix. 

Trátase dunha borrasca profunda que trae vento, chuvia e avisos en terra e mar. 

O inverno non nos dá tregua. Agárdase unha fin de semana moi desapracible pola visita da borrasca Félix, sobre todo na costa Atlántica.
Comezaremos a notar a súa chegada esta tarde, o vento empezará a soprar con forza e as precipitacións serán intensas e xeneralizadas no final do día. 

A borrasca moi profunda irase achegando progresivamente a Galicia durante a xornada do sábado, pasando moi preto do noso litoral xa pola noite e na madrugada do domingo. Isto fará que teñamos un día de ceos presentando intervalos anubrados, con chuvias localmente treboentas, intensificándose pola noite. A cota de neve estará nos 1300 metros durante a noite. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos do sur irán incrementando a súa intensidade ata acadar intervalos moi fortes nas últimas horas do día.

Xa o domingo Galicia continuará baixo os efectos dunha borrasca profunda que se irá movendo polo noroeste da Comunidade. Isto deixará os ceos cubertos e precipitacións, que serán xeneralizadas, persistentes e en moitos momentos de intensidade moderada. A cota de neve quedará arredor dos 1300 metros. As temperaturas terán un lixeiro descenso e os ventos soprarán fortes do suroeste, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

Meteogalicia activou para mañá o aviso laranxa por vento na costa e o domingo ese aviso pasará a vermello, así que, xa saben, moitísima precaución, sobre todo no mar.





10 de xaneiro de 2018

A POLICÍA LOCAL DESALOXOU O COLEXIO DE NOALLA ANTE OS DANOS PROVOCADOS POR UN PEQUENO TORNADO








La Voz de Galicia


Os axentes de seguridade local procederon ao desaloxo do Colexio Telleiro de Noalla debido aos danos materiais ocasionados polos fortes refachos de vento intenso e de dirección cambiante rexistrados na zona da Lanzada, na provincia de Pontevedra.
Esta medida preventiva levouse a cabo como consecuencia dos efectos provocados pola intensidade do vento, que levantou tellas e parte da cuberta do pavillón deportivo e ocasionou danos nas persianas. Ademais, estes refachos chegaron a levantar o paseo de madeira da Lanzada e parte dese material caeu dentro do recinto escolar.
Así, os axentes da Policía Local procederon a evacuar o colexio, mentres que o persoal do centro encargábase de avisar ás familias, co fin de garantir a seguridade dos nenos e evitar danos persoais.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vento intenso e de dirección cambiante entrou pola zona da Lanzada e desprazouse cara ao interior en dirección á parroquia de Vilalonga. De feito, nesa zona tamén se notaron os efectos deste fenómeno meteorolóxico, especialmente no lugar do Freixo onde unha vivenda rexistrou danos importantes no tellado, nas fiestras e desprendéronse cascotes.
Outras casas do mesmo lugar sufriron danos, concretamente nos tellados, aínda que en menor medida que a anterior. Tamén caeron árbores, algunha delas sobre o tendido eléctrico e telefónico que tamén se viu afectado.
A maiores, os axentes de seguridade local tiveron coñecemento dun transformador botando fume na subida ao cemiterio de Noalla, aínda que sen causar maiores danos ao arredor.
As chamadas dos veciños ao 112 Galicia arredor das dez desta mañá permitiron activar un operativo no que participaron os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribadumia e do GES de Sanxenxo, ademais dos axentes de seguridade locais.

Os ventos sentíronse noutras localidades coma Cambados, Ribadumia e O Grove pero con menor incidencia.





6 de xaneiro de 2018

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE NIVEL LARANXA QUE DARÁ COMEZO ESTE SÁBADO NO LITORAL DA CORUÑA E PONTEVEDRA











A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta mañá esperase mar combinada do oeste con ondas entre 5 e 6 metros, que se iniciará ás primeiras horas da tarde na costa da Coruña e Pontevedra.
Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.







3 de xaneiro de 2018

A ALERTA LARANXA DE HOXE ESTÉNDESE A MAÑÁN E A TODA A COSTA GALEGA








Continúa o temporal na costa galega, que hoxe á tarde vai quedar toda baixo aviso laranxa. As previsións apuntan que a situación seguirá empeorando ao longo da semana, polo que os mariñeiros non poderán saír a pescar.
Hoxe o mal tempo deixa con aviso laranxa toda a costa da Coruña por ondas de entre 5 e 7 metros.
Esta situación permanecerá ao longo de toda a semana, xa que o tempo empeora a partir de mañá. Por un lado, no mar continúan os avisos laranxas. E polo outro, en terra haberá haberá avisos amarelos. No noroeste da Coruña por refachos de vento de ata oitenta kilometros por hora e no oeste por acumulación de precipitacións.
Ondas de cinco metros de altura e o mar batendo con forza. É a situación en todo o litoral pontevedrés, onde permanece activado o aviso amarelo. A frota permanece amarrada a porto e os mariñeiros viven outra xornada sen poder saír a pescar.

A situción complícase na costa pontevedresa de cara á tarde e activarase o aviso laranxa. As ondas acadarán os sete metros de altura. Está previsto que o aviso laranxa permaneza activado polo menos durante a xornada do xoves.
Alerta laranxa por temporal no litoral mariñao. Ante a previsión de mar de fondo con ondas de cinco a sete metros, a frota de baixura permanece amarrada en portos coma este de Burela.
A alerta por temporal esténdese ata mañá, cando se prevé que as ondas descendan a alturas de entre catro e cinco metros. As embarcacións de artes menores, principalmente á captura de polbo, son as máis afectadas. 
Por outra banda, as temperaturas rexistradas son anormalmente altas para esta época do ano, con máximas próximas aos 20 graos.

Recórdase á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.






25 de decembro de 2017

ALERTA LARANXA POR VENTOS EN TODA GALICIA












Alerta laranxa nas catro provincias por ventos, que van dende os 90 km/h aos 110 km/h, para o martes dia 26 dende as 18:00 h ata as primeiras horas do mércores dia 27.


Temp. Cost. Galicia atlántica: f8-f9, mar arbolada, mar de fondo 4-6m - Galicia-cantábrica: f8, mar grosa, mar de fondo 4-6m.

Alerta laranxa en costeiro que afectará ás provincias da coruña, lugo e pontevedra

comeza o martes, 26 decembro, 2017 - 12:00.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento de nivel laranxa que se iniciará ás 18,00 horas deste martes en Galicia. Afectará a toda a comunidade, pero os refachos máximos de 110 quilómetros por hora daranse no noroeste da Coruña, na Mariña en Lugo e na montaña de Ourense. Mentres, os refachos máximos de 100 quilómetros por hora rexistraranse no oeste e suroeste da Coruña, na montaña de Lugo, no noroeste da Coruña, na Mariña en Lugo e na montaña de Ourense. Mentres, os refachos máximos de 100 quilómetros por hora rexistraranse no oeste e suroeste da Coruña, na montaña de Lugo, no noroeste e sur de Ourense e no interior e a zona de Miño en Pontevedra. O aviso está activado por refachos máximos de 90 quilómetros por hora no interior da provincia da Coruña e no centro de Lugo. Este episodio finalizará a primeiras horas do mércores.








10 de decembro de 2017

O CIAE LEVA REXISTRADAS 500 INCIDENCIAS RELACIONADAS CO EPISODIO DE METEOROLOXÍA ADVERSO










Un total de 261 incidencias son as rexistradas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), durante o período comprendido entre as 08:00 horas e as 17:00 horas deste día. Todas elas, relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso de nivel vermello/laranxa por vento e choiva e o de  nivel laranxa costeiro que dende primeiras horas, afecta á nosa comunidade.
Por provincias, a de Pontevedra é que está a rexistrar maior número de incidencias con un total de 144, A Coruña con 72 incidentes, Lugo con 27 e por último a de Ourense con un total de 18 incidencias rexistradas. En canto aos Concellos, na provincia de Pontevedra, o de Vigo foi un dos mais afectados con un total de 23 incidencias, tamén o de Soutomaior con un total de 7. Na provincia da Coruña, o de Santiago de Compostela foi un dos Concellos con mais incidentes rexistrados, un total de 7, 4 as xestionadas no de Boiro, Muros e Bergondo entre outros. O Concello de Lugo con 6, o de Navia de Suarna con 4 son os mais afectados da provincia de Lugo. E por último, na provincia de Ourense o de Ribadavia con 7 incidentes xestionados e, entre outros, o de Viana de Bolo con dous incidentes.
Aínda que, no CIAE non constan incidencias nas que houbese que lamentar danos persoais, a caída de árbores e pólas en estradas, vivendas anegadas, incidentes de prevención de risco, bolsas de auga en estradas son as que mais se repetiron durante este período de tempo.
Cabe destacar, no termo municipal pontevedrés das Neves, a caída á rúa de tellas e parte dun tellado dunha casa deshabitada. En Chantada (Lugo), derrubouse unha casa habitada, por fortuna, ningún dos habitantes resultou ferido. Tamén, un tellado dunha casa caía esta tarde por mor do vento en Fene (A Coruña), no lugar das Tellerías. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicou que na casa viven dúas persoas pero, ningunha delas, resultou ferida. En Pontevedra, unha árbore caía este mediodía sobre un turismo que circulaba pola PO-10 causando, unicamente, danos materiais.

Última hora 21:00
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia leva xestionadas dende as 8,00 horas ata agora un total de 483 relacionadas coa borrasca de vento e choiva que esta afectando á nosa comunidade. A previsión é que a borrasca amaine ao longo da noite e polo tanto mañá mantéñense as clases.
Segundo o informe actualizado ás 20,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas, bolsas de auga nas estradas, anegamentos en rúas e vivendas e cables de luz nas estradas. 
Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37. 
Nas últimas hora os concellos máis afectados son na provincia de Pontevedra, A Estrada, Vigo, Mos, Pontevedra e Lalín. Na provincia da Coruña, presentan máis incidencias os concellos de Santa Comba, Boqueixón, Carballo e Outes. Na provincia de Lugo, presentan incidencias os concellos de Chantada e Antas de Ulla, e A Rúa e Verín, na provincia de Ourense.  
As incidencias mais destacadas son a caída dunha galería dun edificio enriba de coches, na Avenida de Fisterra, en Arteixo. Na Coruña, a caída do alumeado de Nadal na Avenida de Hércules afectou a unha tubaria do gas. 

Nas estradas galegas, rexistrase unha incidencia na AC-14 p.q. 6 dirección Coruña, pola caída dunha árbore, cun accidente con varios coches implicados sen feridos, estando un carril da estrada operativo.





A XUNTA RECORDA A NECESIDADE DE EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS DESPOIS DE QUE AEMET INCREMENTASE A ALERTA A NIVEL VERMELLO













A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións despois de que Aemet incrementase a alerta vixente a nivel vermello nalgunhas zonas de Galicia.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18 horas de hoxe elévase o nivel de alerta a vermello nas Rías Baixas, no Miño e no interior da provincia de Pontevedra, na montaña de Ourense e na montaña de Lugo, con rachas de vento que poden acadar os 140 km/h.
Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




22 de novembro de 2017

O 112 GALICIA CONTABILIZA 77 INCIDENCIAS NO PRIMEIRO TEMPORAL DESTE OUTONO












O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia rexistrou, entre as 9:00 horas desta mañá e as 18:00 horas desta tarde, un total de 77 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa por verto.
A caída de árbores ou pólas ás estradas é a incidencia máis frecuente. Porén, no CIAE do 112 Galicia tamén se rexistraron avisos pola presenza doutros obxectos nas vías, por postes danados ou pola caída de carteis ou sinais de tráfico á calzada.
A provincia máis afectada é a da Coruña, onde se contabilizaron 26 incidencias. De preto, séguelle a de Pontevedra, con 25. Na provincia de Lugo, mentres, producíronse 20 e na de Ourense, 6.
Por concellos, destaca o de Vigo, onde se produciron 8 incidencias. De feito, é na cidade olívica onde hai que dar conta da única persoa ferida neste episodio adverso. Trátase dunha persoa á que lle caeron enriba os cristais dunhas fiestras rotas, na rúa Roupeiro. Unha persoa particular chamou á central do 112 ás 16:45 horas para explicar o ocorrido. Segundo detallou, os cristais víronse abaixo por mor do vento.
Á mesma hora e tamén en Vigo, o vento tiraba un valado que pechaba unha parcela. Ocorreu en Coruxo, segundo explicou outra persoa particular ao 112 Galicia.
Árbores nas estradas
A caída de árbores ou pólas condicionaron a circulación en numerosos puntos da rede viaria galega. Entre outros, cabe salientar a caída dunha póla na A-6, no quilómetro 590, no carril dereito en sentido Madrid. Varias persoas alertaban da situación ao 112 contra as 17:00 horas.
En Santiago mentres, a caída dunha árbore nunha vía de servizo en Conxo, provocou danos en varios coches que estaban estacionados á beira da calzada, obrigando tamén ao corte do carril. Tamén na capital, outra árbore provocou o corte da AC-462 ás 17:30 horas, na zona de Berdía. 




21 de novembro de 2017

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE VENTO QUE AFECTARÁ MAÑÁ ÁS PROVINCIAS DA CORUÑA E LUGO










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará ás provincias da Coruña e Lugo a partir de mañá.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) o fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase en torno ás 9 horas no oeste e suroeste da provincia da Coruña e na mariña de Lugo, con rachas de vento de ata 100 quilómetros/hora
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como á Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




20 de outubro de 2017

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE NIVEL LARANXA QUE DARÁ COMEZO ESTA MADRUGADA E AFECTARÁ TODO O LITORAL DA NOSA COMUNIDADE












A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará todo o litoral da nosa comunidade, a partir desta madrugada.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinada con ondas de entre 5 e 6 metros que afectará a todo o litoral da nosa Comunidade. Dará comezo nas primeiras horas desta madrugada no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña; e nas últimas horas da madrugada no litoral lucense e as zonas das Rías Baixas e Miño, na provincia de Pontevedra.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





15 de xullo de 2017

ACTIVADA A ALERTA LARANXA POR CALOR EN OURENSE E AMARELA EN PONTEVEDRA E LUGO













A Xunta activa a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do Miño e no sur da provincia de Ourense.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse os 39 graos a partir das primeiras horas da tarde de mañá. Nas provincias de Lugo e Pontevedra está activada a alerta de nivel amarelo.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.

Consellos e recomendacións 
Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións:

• Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantéñaos ben ventilados.
• Teña en conta que o entrar e saír destes lugares prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarlle.
• Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
• Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza.
• Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
• Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas.
• Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.