Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta CORUÑA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORUÑA. Amosar todas as publicacións

2 de abril de 2018

UN NOVO TEMPORAL ACTIVA A ALERTA LARANXA EN PONTEVEDRA E CORUÑA




A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir de mañá no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste martes haberá mar combinada do oeste de 5 a 7 metros e vento do suroeste de forza 7 e 8. Está previsto que o aviso de nivel laranxa se estenda á costa de Lugo a partir da madrugada do mércores 4.
Ademais, desde hoxe estará activa a alerta amarela por vento en distintas zonas de Galicia, que se irá estendendo ata afectar a meirande parte da comunidade durante a xornada de mañá. Na Mariña lucense, a alerta de vento será de nivel laranxa desde esta madrugada, onde se agardan refachos de ata 100 quilómetros por hora.
No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
Aviso laranxa por vento que iniciarase a primeiras horas da madrugada do día 03 e espérase que remita nas primeiras horas da noite do mesmo día, e que afectará a Lugo (A Mariña).
Aconséllase, ademais, consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




10 de marzo de 2018

O TEMPORAL PASARÁ DE NIVEL LARANXA A NIVEL VERMELLO A PARTIR DESTA NOITE









Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta indica que a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento pasará a nivel vermello a partir desta noite nas provincias de Pontevedra e A Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta noite espérase nivel vermello no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia de A Coruña, con ondas de ata 9 metros por mar combinada do oeste. A partir do mediodía, continuará todo o litoral galego en nivel laranxa.
Mantense a alerta laranxa por mar combinada e vento en mar que está a afectar ao litoral de A Coruña e Pontevedra dende primeiras horas da madrugada deste sábado día 10 e que afectará ao litoral de Lugo a partir das 10:00 do domingo día 11, podéndose acadar ventos de forza 9 e ondas de ata 8 metros. A coincidencia xeográfica deste fenómeno con outros por tormentas e choivas de nivel amarelo pode facer que acontezan anegamentos puntuais en zonas de costa do litoral de Pontevedra e Coruña (Suroeste, Oeste).
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




9 de marzo de 2018

A XUNTA INSTA Á SUSPENSIÓN DAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO SÁBADO NA CORUÑA E PONTEVEDRA POR MOR DO TEMPORAL








A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.
No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior) esperándose que de comezo a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018 e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.
Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde do sábado 10 de marzo de 2018 nas provincias de Coruña e Pontevedra.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018.
A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es



2 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA A ALERTA POR TEMPORAL POR VENTO NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA









A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro e de vento en mar que comezará esta mañá e que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía de hoxe agárdase vento en mar do sur rolando ao suroeste de forza 8-9, con refachos que poden ser ocasionalmente moi fortes. En terra, poderá haber refachos de vento que poden acadar os 100 km/h no noroeste e oeste da provincia da Coruña. O vento será do sureste rolando a suroeste e os refachos máis fortes espéranse entre Malpica e Fisterra.
Por mor do temporal costeiro de vento en mar que afectará ás costas das provincias da Coruña e Pontevedra, desde a Xunta aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 



6 de xaneiro de 2018

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE NIVEL LARANXA QUE DARÁ COMEZO ESTE SÁBADO NO LITORAL DA CORUÑA E PONTEVEDRA











A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta mañá esperase mar combinada do oeste con ondas entre 5 e 6 metros, que se iniciará ás primeiras horas da tarde na costa da Coruña e Pontevedra.
Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.







30 de decembro de 2017

ALERTA LARANXA NO LITORAL DA CORUÑA E LUGO











A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir desta noite, mar combinada do oeste noroeste, con ondas entre 5 e 6 metros, e vento do suroeste de forza 7-8, que afectará ao noroeste, suroeste e oeste da provincia da Coruña e á costa de Lugo.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





21 de novembro de 2017

A XUNTA ALERTA DUN TEMPORAL DE VENTO QUE AFECTARÁ MAÑÁ ÁS PROVINCIAS DA CORUÑA E LUGO










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará ás provincias da Coruña e Lugo a partir de mañá.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) o fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase en torno ás 9 horas no oeste e suroeste da provincia da Coruña e na mariña de Lugo, con rachas de vento de ata 100 quilómetros/hora
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como á Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




18 de novembro de 2017

CINCO DETIDOS SOSPEITOSOS DE ROUBAR EN POLO MENOS NOVE GASOLINEIRAS










Cinco persoas sospeitosas de integrar unha presunta rede que roubou nos últimos meses en polo menos nove gasolineiras das provincias de Pontevera e A Coruña foron detidos, informou hoxe a Garda Civil.

Nun comunicado, subliña que os integrantes desa presunta rede, que considera agora "desarticulada", procedían a romper os cristais de estacións de servizo de noite, aproveitando que os establecementos estaban pechados, e subtraer as máquinas de tabaco e comecartos.

Os detidos foron identificados coas iniciais R.C.T., de 38 anos, residente en Pontecesures, así como I.P.J., de 19 anos, e J.M.C.S., de 32 anos, estes últimos afincados en Caldas de Reis.

Dous dos detidos da banda, á que lles atribúe os roubos en estacións de servizo mediante ese procedemento, están acusados de receptación de mercadorías, engade un comunicado.

Segundo a nota, os autores do grupo "utilizaban sempre un vehículo con placas falsas" e "adoptaban moitas medidas de seguridade" para evitar ser atrapados, o que dificultou a investigación e a detección dos sospeitosos.

Así, "utilizaban itinerarios alternativos nos desprazamentos para comprobar se estaban a ser controlados" e mesmo "realizaban recoñecementos previos" das estacións de servizo estudando "as vías de escape", e ata chegaron a colocar nalgunha ocasión "obstáculos nos accesos ás gasolineiras para non ser sorprendidos polas patrullas de servizo" dos axentes policiais, apunta a nota.

En outubro pasado, despois de varios meses de investigación, os axentes "sorprenderon in fraganti" en outubro pasado aos ocupantes dun vehículo cando "pretendían roubar nunha gasolineira de Cambados", o que permitiu deter aos demais.

Subliña que a pesar de que un dos ladróns logrou escapar, o condutor foi detido e o vehículo foi interceptado "tras unha complicada persecución".

Nos rexistros domiciliarios dos detidos, os axentes incautáronse dalgúns dos obxectos roubados, entre eles un remolque subtraído en Barro que o grupo utilizaba para transportar a mercadoría roubada, e catro máquinas expendedoras de tabaco e un comecartos, todas elas desvalixadas.

Ademais, acharon dúas máquinas máis mergulladas no río Ulla en Pontecesures e unha terceira abandonada nunha zona boscosa en Catoira á que prenderon lume e orixinaron un incendios forestal, segundo a nota.

A Garda Civil considera que o grupo é responsable de seis roubos en estacións de servizos da provincia de Pontevedra, dos cales dous en Cambados, dous en Caldas de Reis, un en Pontrecesures e outro en Barro, ademais doutros dous na da Coruña, que inclúe un en Dodro e outro en Padrón.

A detención produciuse na operación bautizada co nome de "Pitillo" e os arrestados atópanse en liberdade aínda que coa obrigación de comparecer, cando sexan citados, ao Xulgado de Caldas de Reis, que instrúe o caso.








30 de marzo de 2017

DADOS DE ALTA OS MARIÑEIROS DO BARCO AFUNDIDO ONTE













No Hospital Universitario foron dados de alta os tres mariñeiros rescatados tras o afundimento do pesqueiro en que navegaban a catro millas do cabo Prior, na costa coruñesa.
No Hospital Universitario foron atendidos dous dos tres mariñeiros rescatados, pero chegaron polo seu propio pé; máis que nada pola tensión vivida e polo frío que pasaron na balsa salvavidas, pero sen chegar á hipotermia.

Remataba para os tres o pesadelo de ver como se afundiu o pesqueiro Olisan. O suceso ocorreu con rapidez e por causas que de momento se descoñecen. O sinal da radiobaliza recibiuse pasadas as dúas da tarde no Centro de Coordinación da Coruña.

Cando os efectivos de Salvamento Marítimo chegaron ao punto marcado, a 4 millas do cabo Prior, na costa ferrolá, o barco xa se afundira. Apenas quedaban na zona obxectos flotando.
Nas proximidades foi onde localizaron unha embarcación salvavidas á deriva cos tres tripulantes.

O pesqueiro Olisan foi construído en 1994 e tiña o porto base en Cambados, pero hai tres anos que o adquiriron armadores da zona da Barbanza. Segue a estar no censo da Confraría cambadesa e adícase a vieira na tempada de pesca desta especie.
Este barco, de 11 metros de eslora, casco de madeira e unha potencia de 94 cabalos, dirixíase ao Cantábrico norte á costeira da xarda.










12 de xaneiro de 2017

ALERTA LARANXA POR TEMPORAL NA CORUÑA E LUGO










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir desta noite.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir da madrugada do día 13, mar combinada do noroeste de entre 5 e 6 metros, que afectará á provincia de Lugo e ao noroeste e oeste da de Coruña.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.






15 de decembro de 2016

TEMPORAL DE NIVEL LARANXA NO LITORAL DE PONTEVEDRA E CORUÑA










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta noite.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir da madrugada do día 16, mar combinada do oeste ou noroeste de entre 5 e 6 metros, que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Ademais a a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) alerta dun temporal de neve de nivel amarelo no interior da provincia de Ourense a partir de primeiras horas da noite de hoxe. Ante esta situación, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción, tales como evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos.






19 de abril de 2016

O I.E.S. ASOREY NO CONCURSO DE ROBÓTICA DA FUNDACIÓN BARRIÉ







O Departamento de TECNOLOXÍA do I.E.S. Asorey participará mañán no VIII Concurso 
Galego de Robótica organizado pola Fundación Barrié en A Coruña.

Os alumnos que se desprazarán a Coruña son 3º ESO Seccións Bilingües e 4º ESO-A.

A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) organizan en Vigo esta semana, do martes 12 ao venres 15 de abril e en A Coruña, do luns 18 ao venres 22 de abril, o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria.
 
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non é necesario ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
 









2 de abril de 2016

ALERTA LARANXA NA COSTA DE CORUÑA E PONTEVEDRA








A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir do mediodía de mañá, mar combinada de 5 a 6 metros que afectará ao litoral da provincia da Coruña e vento do suroeste forza 7. Na provincia de Pontevedra espérase mar combinada con ondas de 5 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




15 de febreiro de 2016

ALUMNOS DO ASOREY VISITARÁN A SEDE DE R EN CORUÑA







Os alumnos de 1º CM , 1º e 2º CS ELECTRÓNICA 2º FPB Departamento de ELCA do I.E.S. Asorey visitará o vindeiro venres, 19 de febreiro visitarán ás instalacións de R en A Coruña.

Alí coñecerán polo miúdo o traballo que realiza a empresa galega.


O operador de telefonía fixa, telefonía móbil, televisión por subscrición (televisión R) e internet (fibra e 4G) en Galicia, filial da compañía multinacional vasca de telecomunicacións Euskaltel. Ten unha rede propia de telecomunicacións de fibra óptica FTTx (con solucións FTTC e FTTB) coa que chega a 935.000 fogares e empresas de máis de 100 poboacións galegas, na que leva investidos 1.000 millóns de euros. Naceu en 1998, por mor da adxudicación do concurso para despregar cable tanto en todo o territorio español como, no seu caso, en Galicia. Devandito concurso foi consecuencia dunha política de liberalización do mercado das telecomunicacións. No concurso establecéronse tres demarcacións territoriais: a da Coruña, Santiago de Compostela e a do resto de Galicia. As tres demarcacións foron gañadas por R (R Cable e Telecomunicacións Galicia), que ata ese entón operaba baixo do nome de Grupo Galego de Empresas para o Cable. O 2001 considérase o seu primeiro ano completo de operacións.
Empezou despregando a súa rede nas principais cidades galegas: Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol, para ir aumentando a súa rede a outras poboacións como Villagarcía de Arousa ou Xinzo de Limia. Durante o ano 2006 potenciouse a expansión xeográfica do operador, que comezou a ofrecer os seus servizos de acceso directo nalgunhas localidades pequenas de Galicia, ata chegar a día de hoxe a uns 100 núcleos de toda Galicia.




7 de xaneiro de 2016

MANTENSE A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL







NIVEL DE ALERTA: LARANXA/AMARELO


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 17/71 GAL que se mantén o fenómeno meteorolóxico adverso para todo o día de hoxe, de nivel LARANXA, por choivas de máis de 80 mm/12 horas, para o Interior de Pontevedra, quedando en nivel amarelo para o día 8/01/2016.


Así mesmo, se espera para o día de hoxe nivel AMARELO por choivas en 12 horas, nas provincias de Coruña e Lugo, e nas zonas NW de Ourense, e Pontevedra Rías Baixas e Miño, podendo superar na zona de Rías Baixas os 60 mm/12 horas. Esta situación prolongarase durante o día 08/01/2016.
Doutra banda, os ventos de ata 70 km/h, nivel AMARELO, soprarán hoxe no Interior de Pontevedra, e no NW, Miño e Sur de Ourense. A partir das 00:00 do día 8, o temporal de vento afectará ás provincias de Coruña, Lugo, e Pontevedra, e NW, Miño, Sur e Montaña de Ourense, acadando refachos que poderán superar os 90 km/h. 
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

NIVEL DE ALERTA: ALERTA

Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia activado en fase de ALERTA por incremento xeralizado dos caudais nos ríos.
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias e alerten ou mobilicen aos medios e recursos dispoñibles.
 
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CAE 112: www.axega112.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es



29 de decembro de 2015

ALERTA PARA MAÑÁN DOUTRO TEMPORAL









A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa no seu boletín nº 68/71 GAL do día 29/12/2015 ás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará ás provincias de A CORUÑA e PONTEVEDRA, de acordo aos seguintes parámetros: 
Provincia de A Coruña (Oeste e noroeste), ventos do suroeste, de forza 8, e mar combinada do oeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio a primeiras horas do día 30/12/2015. 
Provincias de A Coruña (suroeste) e Pontevedra, ventos do sur, forza 8, e mar combinada do oeste-suroeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio as 6:00 horas do día 30/12/2015. 
Estimándose que remate a alerta laranxa a primeiras horas do día 31/12/2015. POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.





27 de decembro de 2015

ALERTA DE TEMPORAL







A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá, 28 de decembro.


Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), comezará a partir das primeiras horas de mañá, con intervalos de vento do Sur e Suroeste de forza 8, e afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. 
Ademais da alerta de temporal costeiro de nivel laranxa a Aemet avisa dunha alerta laranxa por vento con refachos de ata 100 km/h que afectará desde primeiras horas da mañá ás catro provincias. En concreto: no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, na Mariña lucense, no noroeste, sur e na montaña de Ourense e nas Rías Baixas, zona do Miño e o interior da provincia de Pontevedra.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.









26 de outubro de 2015

TEMPORAL DE NIVEL LARANXA PARA MAÑÁN










A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir das primeiras horas de mañá, mar combinada do oeste e noroeste de 5 a 6 metros que afectará o noroeste, suroeste e oeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. Na costa de Lugo, haberá alerta amarela con mar combinada de oeste e noroeste que pode alcanzar os 4-5 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 



4 de outubro de 2015

A XUNTA AMPLÍA A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL









A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal de nivel laranxa por vento ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Ourense amplíase ao noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña; e á zona das Rías Baixas, Miño e interior da provincia de Pontevedra, estimándose que poida acadar refachos de vento de ata 100 km/h.
Emerxencias alerta tamén dun temporal de nivel laranxa por costeiros no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e na zona das Rías Baixas e Miño, na provincia de Pontevedra, por ventos do sur de forza 8.
Na provincia de Ourense continúa a alerta do temporal de nivel laranxa por vento na zona montañosa da provincia de Ourense, estimándose que poda acadar refachos de ata 100 km/h.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





17 de marzo de 2015

YAYO DAPORTA PON O BROCHE FINAL AO FORUM GASTRONÓMICO DA CORUÑA





A última xornada do Fórum Gastronómico da Coruña tivo como visitante ilustre (e moi sorprendido por todo o que vía) o presidente da XuntaAlberto Núñez Feijoo. E foron varios cociñeiros paisanos seus os outros protagonistas da xornada. Javier Olleros, del Culler de Pau (O Grove),  Iván Domínguez, do restaurante Alborada, a Coruña e Yayo Daporta, do restaurante que leva o seu nome en Cambados, demostraron que a nova cociña galega pisa firme, reivindicando por riba de todo o excelente produto autóctono de Galicia, tanto o do mar coma o de terra. Peixes, mariscos, algas, hortalizas, carnes de vacún e galos ou porcos celtas convértense en ingredientes fundamentais desta nova cociña atlántica, que tamén aposta forte pola sostibilidade.
Prato de Yayo Daporta

Iván Domínguez, que ten unha estrela Michelin, céntrase sobre todo no mar, aínda que tamén emprega as verduras que cultivan os monxes do Mosteiro de Sobrado. Na súa cociña utiliza dende a pescada, en caldeirada de mariscos e algas, ata peixes menos habituais como o pinto, un peixe de rocha que presenta no prato coas súas aletas, de vistosa cor, pasando polas vieiras, que potencia cunha alga coñecida como ramallo de mar, ou polo polbo, ingrediente dun orixinal prato xunto a tendóns de tenreira e berenxenas. Sempre os peixes con coccións moi curtas, para respectar o seu sabor e a súa textura. Pola súa banda, Javier Olleros presentou pratos como o picado de mencía e albariño, un caldo integrado por fondos de algas e de marisco e puré de nabiza, ensalada de algas, e ourizos con miolo de tenreira. E Yayo Daporta, xurado tamén dun coñecido concurso de televisión, presentou a súa actualización da cociña de sempre con pratos como a versión moderna da empanada de xoubas, un ceviche de ostras de Cambados ou o xurelo asado con pan de millo e unha nova volta ao cocido galego, na foto.